Solange, ao Mundial de Londres

A canguesa Solange Pereira acada a marca mínima nos 1.500 metros para o vindeiro Campionato do Mundo de atletismo en Londres cun tempo de 4:06.39 na Diamond League de Rabat, que supón un novo récord galego.

Por gcdeportes | Cangas | 16/07/2017 | Actualizada ás 21:53

Comparte esta noticia

O traballo obtivo merecida recompensa. Por fin a marca que perseguía. A canguesa Solange Pereira aproveitou a súa estrea na Diamond League en Rabat para acadar a marca mínima nos 1.500 metros para estar no vindeiro Campionato do Mundo de atletismo, que se celebrará do 4 ao 13 de agosto en Londres e que suporá o deu debut nuns Mundiais.

Solange Pereira disputará o seu primeiro Campionato do Mundo.
Solange Pereira disputará o seu primeiro Campionato do Mundo. | Fonte: @Soli_Pereira

A atleta galega foi 11ª en meta, cun tempo de 4:06.39, nunha proba gañada pola polonesa Angelika Chichocka con 4:01.93, por diante da marroquí Rababe Arafi (4:02.19) e a estadounidense Brenda Martínez (4:02.75).

Soli Pereira viaxou a Rabat convencida de ter a marca nas súas pernas e convencida de “aproveitar a oportunidade” de acadar a mínima mundialista trala invitación recibida o mércores para estar coas mellores do mundo na Diamond League de Rabat. A mínima establecida pola IAFF para estar no vindeiro Mundial de Londres era 4:07.50.

Ademáis, o tempo de Solange, de 27 anos (16 de decembro de 1989), supuxo un novo récord absoluto galego nos 1.500 metros, que tiña ela mesma con 4:08.29.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Alberte

GRANDE nese corpo tan pequerrecho!!! Orgullo galego.