Os medios en galego reciben menos dun 4% da publicidade do Día Nacional de Galicia

A Xunta destinará máis de 360.000 euros nesta campaña que, a pesar do seu simbolismo, vai destinada, principalmente, aos medios en castelán.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 25/07/2017 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia destinará máis de 360.000 euros con IVE nunha campaña de publicidade o 25 de xullo, Día Nacional de Galicia. Unha publicidade que, na súa práctica totalidade, irá destinada a medios en español, a pesar do simbolismo desta data.

Así, e segundo as estimacións de GC, os medios escritos esclusivamente en galego non recibirán máis alá de 10.000 euros en conxunto. Galicia Confidencial, por exemplo, sendo o principal medio dixital en galego e un dos cibermedios máis lidos de Galicia, por riba de edicións dixitais doutros grandes medios en español, só percibirá 1.000 euros con IVE. Outras edicións dixitais en galego, tanto nacionais como locais, oscilan tamén entre os 1.000 e os 150 euros con IVE.

Esta data, xunto co 17 de maio, son os únicos días nos que o Goberno do PP inserta publicidade nos medios en galego, aínda que as cantidades son ridículas en comparación coas que se lles dan aos medios en español, incluída, nas súas versións dixitais.

Estas axudas están inscritas dentro do Acordo marco para o servizo de elaboración, producción e plan de medios de campañas institucionais da Xunta de Galicia en datas relevantes para a Comunidade Autónoma nos anos 2017 e 2018, que está dotado con 1.421.487,61 euros.

Outras subvencións para o galego

A Xunta ten unha liña específica para impulsar o galego nos medios --o pasado ano foi máis de 1,6 millóns-- aínda que a maior parte dese orzamento vai para medios que usan, principalmente, o español. Esíxelles que cedan á lingua propia un 8% do seu espazo total, que en moitas ocasión non se cumpre, xa que algúns deles nin superan o 5%. Espazos que, xeralmente, son os mesmos en todos os medios: cultura e opinión, principalmente. Algúns medios, como é o caso de La Voz, xustifican o uso do galego utilizando algunha declaración dalgunha persoa en galego nunha noticia que está en español.

Independentemente destas axudas, a Xunta tamén outorga axudas específicas polo uso do galego. Así, publicou o último día hábil do pasado ano a resolución das súas subvencións aos medios para promocionar a lingua galega, que sumou 201.000 euros nos que usan exclusivamente o galego, fronte aos 1,6 millóns dos que o fan en español. Esta diferencia de importe prodúcese malia que en teoría as dúas liñas de subvención comparten un fin: apoiar a difusión de noticias en galego.

Precisamente, o DOG do 7 de xuño recollía os convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Cultura e Educación no primeiro cuadrimestre do ano 2017. Como noutras ocasións, La Voz de Galicia é o medio que máis subvencións recibe, máis da metade, case 300.000 euros para “potenciar o galego” e para “fomentar a lectura da prensa escrita”.

Síguelle Faro de Vigo, que recibe case 70.000, e La Opinión (os dous do Grupo Prensa Ibérica) pero só para “fomentar a lectura da prensa escrita”. Despois están El Progreso e Diario de Pontevedra ( do Grupo El Progreso),  La Región e Atlántico Diario (do Grupo La Región) e Diario de Ferrol, Diario de Arousa, Diario de Bergantiños, e El Ideal Gallego ( Grupo La Capital). Tamén chama a atención os convenios subscritos con Editorial Compostela (editora de El Correo Gallego), a pesar da súa delicada situación económica e da súa debeda cos traballadfores e coa Seguridade Social.

Os medios de comunicación tradicionais están sufrindo unha fonda crise
Os medios de comunicación tradicionais están sufrindo unha fonda crise | Fonte: prnoticias.com

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e El Progreso de Lugo, S.L., para potenciar o uso do idioma galego a través do xornal El Progreso de Lugo, que edita esta entidade.

13.3.2017

28.868,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Editorial La Capital, S.L., para potenciar o uso do idioma galego a través dos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Bergantiños e Diario de Arousa, que edita esta entidade.

27.3.2017

10.423,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Grupo La Región, S.A., para potenciar o uso do idioma galego a través do xornal La Región, que edita esta entidade.

27.3.2017

18.494,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Rías Baixas Comunicación, S.A., para potenciar o uso do idioma galego a través do xornal Atlántico Diario, que edita esta entidade.

27.3.2017

4.149,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Editorial Compostela, S.A., para potenciar o uso do idioma galego a través do xornal El Correo Gallego, que edita esta entidade.

27.3.2017

13.575,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Corporación Voz de Galicia, S.A., para potenciar o uso do idioma galego a través do xornal La Voz de Galicia e da emisora de radio Radio Voz.                                            148.850,00 €

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

5 Gamela

Morrendo e aprendendo !!! http://www.bez.es/55850266/bez-deja...

4 Corrupción ilustrada

É deste xeito coma van loitar os PPinochos contra o fraude e a fuga de capitales? pois dan un exemplo, de caralho!

3 AcAy

O que nos preocupa non é gastar cartos publicos en publicidade inútil, o que nos preocupa é que vaían pra medios nacionalistas, un movemento artificial en Galicia, creado polos medios con non se sabe que escuro obxetivo. Meter medo? Presionar pra máis subvencións?

1 Iluminanos

Pois se é un invento para presionar por mais subvencións, está a ter un éxito de caralho! Home xa que falas, o que non é inventado é Expaña? e Pelaio que matou 300.000 mouros en Covadonga, e a invasión e conquista árabe da Peninsula de preto de 20 millóns de persoas en 3 anos. 50 anos despois da norte de Mahoma, sen provas nin mencións escritas ate 150 anos despois. E Clavijo, e o príncipe de Asturias e reino de Asturias...

2 AcAy

Podes ler uns 200 textos históricos sobre a invasión arabe da Península, pra uns é o reino de Galicia, pra outros Asturias, pero invasión houbo,e ven a fartar nas fontes da epcoa, só tes que ler antes de esbardallar.

2 Victor do Ribeiro

Día de Santiago Apostol, patrón de España, que es lo que siempre se celebró. Y dejaros de lloros. Las subvenciones a periódicos tienen que ser eliminadas TODAS. Y cerrar la Telegaita; el que la quiera ver que la pague.b

1 Galispaña

Vaia panda de choromicas. Pois facede xornais que á xente lles guste ler e non panfletos políticos cheos de pseudo noticias para deleite de catro patáns nacionalistas. Así vos vai.

1 xanela

Como vos roe a algúns que se conten verdades. Este e outros xornais son máis lidos que moitos dos panfletos políticos que ti les. A ver se te enteras. O problema non é de lectura, o problema é de uso político de fondos públicos para financiar aos xornais do réxime que se len menos que estes que ti chamas panfletos. É un caso de fraude público e malversación de fondos públicos de caixón. O día que a alguén se lle dea por investigar, ui,ui,ui