PSOE e o grupo de Podemos coinciden e acordan impulsar a comisión de investigación sobre o accidente

O PSOE e Unidos Podemos-En Comú Podem-En Marea coincidiron este luns e acordaron impulsar unha comisión de investigación sobre o accidente de Angrois co fin de depurar as responsabilidades políticas que poidan derivarse do tráxico sinistro ferroviario que deixou 80 mortos e 144 feridos.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/07/2017 | Actualizada ás 22:42 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O PSOE e Unidos Podemos-En Comú Podem-En Marea coincidiron este luns e acordaron impulsar unha comisión de investigación sobre o accidente de Angrois co fin de depurar as responsabilidades políticas que poidan derivarse do tráxico sinistro ferroviario que deixou 80 mortos e 144 feridos.

El tren Alvia, instantes después de descarrilar en la curva de Angrois
El tren Alvia, instantes después de descarrilar en la curva de Angrois | Fonte: Europa Press

Así o indicou a portavoz de En Marea, Yolanda Díaz, ao termo da que foi a primeira reunión dos respectivos equipos nesta lexislatura e na que se acordou a creación dunha mesa de colaboración parlamentaria que servirá de "espazo permanente" de traballo para sacar adiante propostas que revertan as políticas do PP.

Díaz incidiu en que as familias "seguen sen saber a verdade" sobre o sinistro ferroviario, á vez que mostrou a súa "satisfacción" por que o PSOE "cambiase de posición", mentres que os socialistas subliñaron que non só queren pór en marcha unha comisión "con contido político", senón tamén outra comisión de carácter "máis técnico".

Outras das cuestións que estiveron sobre a mesa e que incumben a Galicia, segundo explicou Yolanda Díaz, son o veto ao traspaso da Autoestrada do Atlántico (AP-9) á comunidade, así como a rexeneración das rías.

MESA DE COLABORACIÓN

O principal acordo alcanzado é a creación dunha mesa de colaboración parlamentaria que servirá de "espazo permanente" de traballo para sacar adiante propostas que revertan as políticas do PP. Non conseguiron avanzar, con todo, na posta en marcha de medidas concretas para abordar a crise territorial en Cataluña.

Así o explicaron os portavoces dun e outro grupo parlamentario nas roldas de prensa que ofreceron tras o encontro, que tivo lugar no Congreso durante máis de dúas horas, e que presidiron o secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, e o de Podemos, Pablo Iglesias.

Tanto a portavoz de Unidos Podemos, Irene Montero, como a do PSOE, Margarita Robles, anunciaron a creación dese espazo de traballo permanente, que se centrará principalmente en abordar medidas que teñen que ver coa axenda social, por exemplo, as pensións, a loita contra o desemprego e a precariedade xuvenil, a subida do salario mínimo, a educación ou o acceso a vivenda.

Aínda que este foi o acordo ao que chegaron, as dúas portavoces deixaron claro coas súas intervencións que PSOE e Podemos seguen discrepando sobre o alcance e as consecuencias que terá a curto e medio prazo a senda de colaboración parlamentaria que inauguraron este luns.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta