Temas: R EMPRENDEMENTO

Novo programa de emprendemento apadriñado por R

Startups R busca novos proxectos de tipo tecnolóxico en áreas estratéxicas para a compañía.

Por GC Emprende | A Coruña | 20/07/2017 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Este xoves presentouse un novo programa de emprendemento.  StartUps R, busca conectar a capacidade de innovación da operadora R con startups, aceleradoras, clientes e sectores produtivos para promover a innovación e o emprendemento en Galicia. 

Presentación do proxecto Startups de R
Presentación do proxecto Startups de R

R dará prioridades a proxectos como o Internet das Cousas, intelixencia artificial, wifi e 5G, ciberseguridade, industria 4.0 e novos contidos.  Tamén en áreas como o fogar dixital, dispositivos intelixentes, coche conectado, smart cities, ehealth, big data, ou analítica avanzada de datos, entre outros. A través desta iniciativa achegaráselles aos participantes apoio con servizos, equipamento e formación para que poidan desenvolver os seus proxectos tecnolóxicos.

O programa StartUps R apoia as iniciativas que teñan recibido aprobación por parte das aceleradoras implicadas, entre elas, Abanca Innova, Business Factory Auto (BFA), Conector Galicia, Incuvi Emprende, Viagalicia e Zarpamos, e nel poden entrar os proxectos incluídos nos últimos 3 anos neses programas de apoio. Hai máis información sobre os requerimentos no portal desta iniciativa.

Temas: R EMPRENDEMENTO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta