Feijóo comprométese a "colaborar en todo o que se pida" se hai unha investigación no Congreso

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, comprometeuse este xoves a "colaborar en todo o que se pida" cunha hipotética comisión de investigación no Congreso dos Deputados en relación co accidente do Alvia ocorrido en Angrois o 24 de xullo de 2013.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/07/2017 | Actualizada ás 14:43 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, comprometeuse este xoves a "colaborar en todo o que se pida" cunha hipotética comisión de investigación no Congreso dos Deputados en relación co accidente do Alvia ocorrido en Angrois o 24 de xullo de 2013.

Un vagón subido por una grúa el día después del accidente del Alvia en Angrois
Un vagón subido por una grúa el día después del accidente del Alvia en Angrois | Fonte: Europa Press

A preguntas dos medios tras presidir o Consello da Xunta, Núñez Feijóo apostou por "non mesturar a política coa dor das vítimas" e lembrou que o partido que representa "segue pensando" que a investigación política "debería ir despois das sentenzas".

Neste sentido, criticou aos socialistas e a súa petición de investigación alegando que "non fai ningún favor ás vítimas" aquel partido que, "dependendo do secretario xeral cambia de opinión", o que considerou "utilizar a dor" dos familiares.

Catro anos despois da traxedia que "quedou marcada na historia de Galicia", o presidente dixo que lle gustaría "ter xa unha sentenza" e a situación das vítimas reparada "desde o punto de vista da xustiza", que é "a única investigación profesional" que lles vai a dar "seguridade". "Que os xuíces digan todo o que teñen que dicir, afecte a quen afecte", resolveu.

Só con posterioridade consideraría adecuada o presidente galego unha comisión de investigación política, aínda que, no caso de que se constitúa, comprometeuse a colaborar con ela. "Se hai unha comisión no Congreso, imos colaborar en todo o que se nos pida", resolveu.

Sobre a evolución da seguridade desde o accidente, Feijóo recoñeceu que lle gustaría que o sistema ERTMS estivese instalado "en toda a liña de alta velocidade", aínda que apuntou que tanto este como o ASFA aportan "seguridade", polo que o trazado entre Ourense e Santiago "é a día de hoxe seguro".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta