Temas: FOLGA TRANSPORTE

A Xunta continuará co seu plan de transporte a pesar dos recursos

Feijóo asegura que o plan se fixo para “beneficiar” aos traballadores e ás pequenas e medianas empresas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 20/07/2017 | Actualizada ás 16:00

Comparte esta noticia

“Seguiremos co plan co obxectivo de defender, primeiro, os intereses dos galegos que non teñen empresas de transporte, e, segundo,dos que as teñen, pero sempre por esa orde”. Deste xeito o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reafirmaba que a Xunta continuará adiante co seu plan de transporte a pesar dos recursos interspostos.

Piquete na deserta estación de autobuses de Santiago durante a folga do transporte
Piquete na deserta estación de autobuses de Santiago durante a folga do transporte | Fonte: CRTVG

Este xoves as federacións empresariais Anetra, Fegabús e Transgacar interpuxeron un recurso ante o Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais contra a primeira fase deste plan e o seu procedemento administrativo. 

En concreto, estas patronais buscan a anulación do prego de condicións do concurso, dos 41 proxectos de explotación, das invitacións remitidas ás empresas para que presentasen ofertas e das resolucións da Dirección Xeral de Mobilidade que deron cobertura este mesmo mes ao que consideran "controvertido" plan e ao procedemento de adxudicación directa. Tamén pretenden que se suspenda o expediente de contratación ata que o tribunal resolva sobre o fondo do asunto.

“Defender” os intereses de empresas e traballadores

Non obstante, Feijóo volveu apostar polo seu plan e insistiu que do que se trata é de “defender” os intereses dos galegos, do pequeno e mediano transporte e dos traballadores. Así, lembrou que tivo que aprobar este plan como resposta á renuncia a 570 liñas de transporte. “E por iso tivemos que licitar un novo concurso”, indicou.

“O noso obxectivo é que o rural teña transporte, que se financie e que as pequenas empresas poidan seguir operando”, indicou ao tempo que advertiu que a Xunta seguirá adiante con este plan.

Temas: FOLGA TRANSPORTE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta