Temas: PODEMOS

Monedero di que moita xente en Podemos non entendeu a formación de En Marea

Nun acto canda a líder galega, un dos fundadores de Podemos tamén critica ao BNG por financiar indirectamente con diñeiro público as touradas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/07/2017 | Actualizada ás 23:21

Comparte esta noticia

Juan Carlos Monedero, un dos fundadores de Podemos, e a secretaria xeral da formación morada en Galicia, Carmen Santos, coincidiron en que Podemos Galicia debe desenvolverse como un proxecto "autónomo" e "con entidade propia" no marco da "pluralidade" con outras forzas políticas de esquerda.

Acto de Podemos en Pontevedra
Acto de Podemos en Pontevedra | Fonte: Europa Press

Nun acto en Pontevedra, Monedero destacou que "Podemos Galicia vai existir" no marco da "pluralidade" con outras forzas políticas de esquerdas porque é "necesaria" para "reforzar" esta organización. "Necesitamos en Galicia e no Estado que Podemos Galicia exista", insistiu.

Tamén se referiu a a situación de En Marea lembrando que Podemos entrou a formar parte desta confluencia, pero que "moita xente non entendeu" a "xenerosidade" dese xesto no marco dun proceso que "se tiña que facer doutra maneira".

Ademais, resaltou que no "reto" de avanzar no "autogoberno", Podemos Galicia ten que ser unha "forza política delimitada e con entidade propia" e cunha "relación irmá con Podemos no Estado", algo que "moitos inscritos reclaman", engadiu.

Pola súa banda, a secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, coincidiu en que os inscritos do seu partido reclaman "un proxecto autónomo e diferenciado con alianzas e o obxectivo común de botar ao PP". Tras rexeitar a súa participación no recente plenario de En Marea, Santos instou á formación liderada por Luís Villares a "traballar en conxunto" para "seguir construíndo de maneira fraterna".

A presenza de Juan Carlos Monedero no centro de Pontevedra atraeu a numerosos curiosos, entre os cales unha veciña da cidade apelou á axuda de Podemos para pechar a fábrica de Ence na ría de Pontevedra e combater a presenza do eucalipto nos montes galegos.

ENCE E TOUROS

Monedero referiuse a pasteira como unha fábrica que está "a podrecer o osíxeno" que se respira.

Tamén rexeitou a "barbarie" das corridas de touros e afirmou que non deben financiarse con diñeiro público "nin directa nin indirectamente", a pesar de que o goberno local de Pontevedra mantén un convenio coa empresa propietaria da praza de touros polo aluguer do recinto.

Temas: PODEMOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

8 Ted Flanders

Y eso es todo lo que tienes que decir sobre el BNG? que no te gustan los toros......Como se dice por Madrí....vete a Alpedrete!

7 Gamela

UNIDADE é un termo imposible polo que podemos ver nos comentarios, INDEPENDENCIA para o século XXII se antes non desaparece o planeta, liortas tódalas do mundo coma no derradeiro "Primeiro de Maio" onde o minifundismo anticipa a EXCLUSIÓN SOCIAL e a Desigualdade galopante desto que vimos chamando Neoliberalismo Rampante ! Malos Augurios (coma sempre) ! Por este camiño imos ter PPSOE per sécula seculorum !

6 Amén

Estou ata o carallo desta secta española. Xa lle vimos o cú á carriza. En marea foi un intento fallido. Ou somos galegos ou cos españolentos somos monicreques. E iso que xa tiñamos a experiencia da II República pero seguen a abusar dos bos e xenerosos. Convosco nunca máis

5 Reganoxo dades

Billetero o que foi da protaurina IU e agora é da protaurina Podemos a falar de financiar os touros indirectamente!!! Que bo!!! E tampouco lle gusta ENCE que fixeron actos publitiarios dela. Este tio é o másemo. A alugar as prazas de touros portátiles e a apoiar Reganosa. De Reganosa por que xa non se fala desde que a Marea de Podemos ten a alcaldia que pasou Billetero por que non interesa http://www.ferrol360.es/el-suminist...

1 Noxo de UPG

Si, xa o sabemos, as Mareas de Podemos están con Reganoxo, a UPG-BNG chegou a celebralo mentres mallaban nos que protestamos. Diante dos documentos xa podes botar fume, os feitos falan: http://www.primeiralinha.org/destaq...

2 Agora é Regavosa

E se o sabes por que tanta insistencia en repetilo cando che falan da traizón de Marea. Non será que eres de Marea e segues con que a culpa es del benegá

4 Gamela

O que terán que explicar Carmen Santos & Monedero é por que esta visita fíxose en Pontevedra e non en Vigo ? Terán que explicar por que os chamdos Círculos de Vigo nin siquera teñen un responsable a nivel municipal coñecido ? Terán que explicar por que a cidade máis poboada de Galicia está nas mans de TresCantantes cun tenor de peso que o 25 de xullo estará en Mugardos celebrando o rexurdimento do PartidoComunistaGalicia xunto á Vicepresidenta do Parlamentiño do Hórreo ? Terá que explicar por que Podemos reparte cuota do poder con IU e non é quén de entenderse co nacionalismo galego ? Monedero non viu precisamente a comer percebes... En Vigo estamos fartos de que algúns o COMAN todo e non deixen siquera abrir a boca aos demáis !!! https://twitter.com/Gamela2017/stat...