O alcalde de Dumbría (A Coruña), satisfeito coa decisión sobre Ferroatlántica, pero chama ao diálogo

O alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeño Castro, expresou a súa satisfacción pola decisión da Xunta de denegar a Ferroatlántica a segregación das súas actividades industriais e enerxéticas, pero apelou a abrir vías de diálogo coa empresa.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/07/2017 | Actualizada ás 16:46 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeño Castro, expresou a súa satisfacción pola decisión da Xunta de denegar a Ferroatlántica a segregación das súas actividades industriais e enerxéticas, pero apelou a abrir vías de diálogo coa empresa.

"Temos unha veciñanza compartida. Non podemos estar en guerra permanente. Hai que sentar e dialogar", afirmou en declaracións a Europa Press, o rexedor de Dumbría, quen recibiu a chamada do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para confirmarlle a decisión.

Na súa opinión, a empresa "expuxo moi mal desde o principio" as súas pretensións e presentouse "en plan ameaza", pero "iso non leva a ningún lado" e agora é preciso "restablecer o diálogo e a confianza". Así, resaltou que se a empresa quere levar a cabo investimentos nunha comarca "tan deprimida como a Costa da Morte", na zona están "abertos a iso".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta