Temas: PARO

O paro baixa en Galicia menos que en España

Os datos deste trimestre a nivel de estado son os mellores da historia. En Galicia caeu un 7,2%, nove décimas menos que no conxunto de autonomías.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/07/2017 | Actualizada ás 11:30

Comparte esta noticia

O paro baixou en Galicia en 15.700 persoas no segundo trimestre do ano respecto ao anterior, un 7,22% menos, por baixo da media de España (-8,01%), e sitúase nos 201.500 desempregados, nun 16,11%, segundo os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) que publica este xoves o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Traballando, traballador, autónomo, paro, emprego, epa, limpeza, distribución
Traballando, traballador, autónomo, paro, emprego, epa, limpeza, distribución | Fonte: Europa Press

Respecto ao mesmo trimestre de 2016, o desemprego baixa en Galicia en 21.500 persoas, o que supón un descenso un 9,63%, tamén por baixo da media estatal, que se sitúa no 14,44%

Pola súa banda, o número de ocupados en Galicia no segundo trimestre incrementouse en 15.300 persoas respecto do tres primeiros meses do ano, un 1,48% máis.

A nivel estatal, o paro baixou en 340.700 persoas no segundo trimestre do ano respecto ao trimestre anterior, un 8% menos, rexistrando o seu maior descenso trimestral da serie histórica, iniciada en 1964.

Temas: PARO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta