Temas: EMERXENCIAS

O cargo do PP que ía dimitir segue no seu posto

Carlos Faílde dixo que ía deixar de ser coordinador de Protección Civil na Estrada tras revelar GC os seus contratos con administracións públicas. Dúas semanas despois, o alcalde di que polo de agora vai seguir nese posto.

Por Galicia Confidencial | A Estrada | 02/08/2017 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

O PP da Estrada segue defendendo a Carlos Faílde, administrador único de Ricarsat e apoderado de Emersafe. O alcalde da Estrada acaba de declarar que polo de agora non vai resolver a excedencia que xa solicitou oficiaomente o traballador público.

Dende a dereita, Faílde, Rueda e o alcalde da Estrada nunha foto dun acto institucional sacada da web da Vicepresidencia
Dende a dereita, Faílde, Rueda e o alcalde da Estrada nunha foto dun acto institucional sacada da web da Vicepresidencia

"La excedencia está solicitada. La resolveremos cuando el servicio lo permita", declarou José López segundo recolle Blanca Paz en Faro. O edil do PPdeG argumenta que agora no verán, cos incendios, non é o intre para cambiar de responsábel de emerxencias. "Yo no pongo en juego la vida de una persona por una decisión de estas características", razoa.

Faílde presentou no Rexistro a solicitude de excedencia como traballador público o 14 de xullo. Con todo, segue a coordinar aos máis de 30 operarios de Protección Civil.

Cando dixo que dimitía, argumentou que era para protexer o modus de vida do seus traballadores. Tanto Ricarsat como Emersafe, empresa administrada pola súa esposa, recibiron numerosísimas contratas do propio Concello e da Vicepresidencia da Xunta.  A maioría desas contratas son, precisamente, relacionadas coas emerxencias. Varias delas foron discrecionais, sen concurso público.

Xa renunciou como directivo do PP

Tanto Faílde como o municipio din que todas as adxudicacións e que nin sequera se violou as incompatibilidades que obrigan a todos os traballadores da Administración. Malia isto, o coordinador de Emerxencias dimitiu tanto do seu traballo no Concello como da dirección local do PPdeG. López dixo que no partido a súa renuncia fíxose efectiva inmediatamente.

O asunto chegou ao Parlamento con dúas interpelacións presentadas polo PSOE e En Marea. Fontes parlamentarias indican que a Xunta ten até o 1 de setembro para respondelas. 

Temas: EMERXENCIAS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 Estradense de toda a vida

Como vai dimitir se é o único que ten capacidade para coordinar aos traballadores. Os 4 mosqueteros que fixeron por que o largaran pensaron que eran quen de mandar e coordinar como anxos pero aos 5 días o resto do persoal estaba ata os eggs de tanta incompetencia. E ademais sodes ben pesados coa noticia, moitos favores lle debedes deber a Móvete ou ao PSOE porque o que é na Estrada xa sabemos que os do ruído con agosto, cando papá solta o parné, están todos caladiños en SanGinés o San Vicente qués donde veranean de toda la vida los hijos estos del pueblo y para el pueblo.

1 Viva el vino

Xa saiu un palmeiro do alcalde. Funciona todo moi ben con Failde. Informante anda. Eu partome jajajaj

2 Estradense de toda a vida

Viva el vino. Palmero non home que eu vivo do meu e non coma ti e os teus colegas que como vos fan traballar en Protección Civil queredes largar ao xefe e poñer un fiestas de "Lastrada" para seguir facendo no traballo o que facíades no JaqueMate non hai moito. Veña pa casa que vai papá repartir a paja, cooooomo.