Unha praia galega, elixida a cuarta mellor do Estado

Barbeira dispón, ademais de todos os servizos, dun importante patrimonio histórico e é adecuada para os máis cativos.

Por Galicia Confidencial | Baiona | 04/08/2017 | Actualizada ás 12:20

Comparte esta noticia

A praia baionesa da Barbeira ven de ser denominada como cuarto mellor areal de España pola web Niumba, posta en marcha por TripAdvisor,  o portal de viaxes e turismo máis grande do mundo. As votacións a situaron unicamente por detrás das praia de Muro e Alcudia (Illas Baleares) e Norte (Peñíscola).

Praia da Barbeira
Praia da Barbeira | Fonte: Concello de Baiona

Situada aos pés do Monte Boi, próxima a un pequeno piñeiral e xunto ao club náutico, a praia da Barbeira fora preseleccionada o pasado mes de xuño entre as 25 mellores de España e as votacións dos internautas a colocaron como a cuarta da clasificación de Niumba. Barbeira xa entrou no mesmo ránking de 2016 entre as 50 mellores de España e en 2015 tamén formou parte dos 15 mellores areais de Galicia para o periódico “20 minutos”.

Separada da praia de Ribeira polo baluarte do Cantiño, A Barbeira está orientada ao leste e está situada xunto ás instalacións do Monte Real Club de Yates e preto do núcleo urbano, cunha lonxitude de 220 metros e area fina e dourada.

A Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (Adeac) renovou esta ano a súa distinción de bandeira azul á praia de Barbeira, polo que xa leva dez anos co galardón. Ideal para os máis pequenos polas súas augas tranquilas e cristalinas, converteuse no areal por excelencia para as familias.

Porta de Felipe IV

Ademais, o acceso a praia faise por unha das portas históricas da Vila, a Porta Principal ou de Felipe IV. A súa construción remóntase ao século XVII, baixo o reinado de Felipe IV, e está presidida por un escudo dos Austrias, e debaixo do mesmo, unha inscrición. Son de interese as dúas columnas adosadas á porta que sostén dous alfís de pedra de grandes dimensións.

Catro bandeiras azuis

En Baiona tamén recibiron o galardón os areais de Os Frades, A Ribeira e A Concheira, ademais de premiar tamén co mesmo galardón ao Monte Real Club de Yates e ao Porto Deportivo de Baiona. Desta forma a Vila logrou o maior número de areais premiados e por primeira vez na súa historia logra una bandeira azul para A Concheira.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 arzuacapital

vaia parvada. pero mellor así, non vaia ser que descubran que aquí hai auténticas marabillas de areais e se lles dea por ateigalos como fixeron no mediterráneo. Ala, veña si, si, esa é a mellor praia de Galicia...

1 Danilov

Ridículo. Es una palya diminuta en un ambiente urbano.