Deben os concellos galegos suspender as festas polos atentados?

“O Concello cancela todos os actos festivos previstos para a xornada de mañá”. Con estas palabras, o Concello da Coruña cancelou o xoves todos os actos das festas de María Pita para este venres. Un exemplo que non seguiron outros, como Pontevedra.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 18/08/2017 | Actualizada ás 10:42

Comparte esta noticia

Non sucedeu así en moitas outras localidades. Por poñer un exemplo tamén doutra cidade que vive estes días as súas festas, en Pontevedra celebrouse a verbena da Peregrina a pasada madrugada con total normalidade co concerto de Fangoria. A banda adicou a súa actuación as vítimas.

Palco das festas da Peregrina no que actuou Fangoria
Palco das festas da Peregrina no que actuou Fangoria | Fonte: Rosa Lameiro

Por todo o país están previsto para este serán multitude de celebracións e romerías. Mentres a maioría dos actos institucionais están en suspenso -incluídos o da Xunta- e moitos concellos convocaron minutos de silencio para as 12 do mediodía, a pregunta é se ten sentido continuar coas celebracións despois do sucedido en Barcelona e Cambrils.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 24 comentarios

3 Xonc

Non creo que haxa que suspender nada fóra de Catalunya. Entendo a quen o faga e a quen non o faga. Estes miserables non poden paralizar a vida da xente. É o que buscan. Pode expresarse a dor sen ir de luto e sen suspender festas. DEP todas as vítimas e ánimos e agarimo ás familias

2 Aburrido de GC

Q bós son os da marea. Q suspenderon as festas. E q malos os da upg q as mantiveron. Uff GC o voso é para ir ó médico non?. En Catalunya houbo centos de espectáculos onte. Ou acaso Port Aventura pechou en homenaxe as vitimas?. Un minuto de silencio e Show must go on. O contrario, o terror, é darlle a razón ós terroristas.

1 comunista independentista

Os da Marea "son bos" e os da UPG "son malos"? Vaites! Coma no Sermóns Paliza pero ao revés.

1 LKI

É unha vergoña o do goberno de Lores en Pontevedra, seguir coas festas e ademáis con FachAlaska no palco.