A polémica sobre instalar máis bolardos chega a Galicia

O principal sindicato de policía critica ao Goberno de Santiago por non ter instalado elementos de protección nalgúns accesos á zona vella.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 19/08/2017 | Actualizada ás 10:16

Comparte esta noticia

O atentado de Barcelona está a provocar a primeira polémica política seria en torno as medidas de seguridade. En concreto, sobre os bolardos que non se instalaron nas Ramblas.

Acceso á zona vella de Santiago polo Camiño de Santiago, con un dos catro bolardos da Porta do Camiño baixado para permitir o acceso de vehículos
Acceso á zona vella de Santiago polo Camiño de Santiago, con un dos catro bolardos da Porta do Camiño baixado para permitir o acceso de vehículos | Fonte: Google Street View

De acordo a versión do Concello, o Ministerio do Interior recomendou -non obrigou- a súa instalación tras o atentado no que un islamista conduciu un camión por un mercado de Nadal de Berlín. Nunha reunión entre diferentes admnistracións,  Generalitat, administración competente de seguridade cidadá en Catalunya, e Cocnello terían decidido non instalalos argumentando que no punto máis accesible das Ramblas soe haber unha patrulla, que se ía aumentar o número de patrullas e que o resto está protexido por bancos, kioskos, etc.

Ao fío dos atentados, varios concellos de Cataluña e mesmo Madrid están a instalar bolardos estes días nas zonas peonís. En Galicia, o debate abriuse por Santiago de Compostela. Alí o SUP, o principal sindicato da Policía Nacional, reclama a instación de Bolardos nos principais accesos ao casco histórico, ateigado estes días cos veraneantes.

O certo é que os bolardos xa existen nalgúns accesos, como Porta da Pena ou Porta do Camiño por exemplo. Os repartidores, residentes e servizos de emerxencia dispoñen de tarxetas para baixalos e acceder á zona vella.

Polo contrario, non hai bolardos nos accesos pola Avenida Xoán XXIII, moi popular entre os turistas que chegan en autobuses e camiñan até o Obradoiro. Tampouco en Porta Faxeira, vía de entrada da estreita e normalmente ateigada Rúa do Franco

O SUP responsabiliza ao Concello da súa non instalación e pide que se poñan inmediatamente. Tamén revela eivas coñecidas na seguridade do día a día da capital de Galicia. 

Por exemplo, que hai un déficit de 60 axentes na comisaría de Compostela e que a maioría traballa sen chaleco antibalas. Tamén reclaman a presencia permanente dunha UIP, os antidisturbios, baseada en Santiago. Unha cidade, que polo alcume de “matamoros” do seu patrón e a súa fama internacional, podería ser un dos obxectivos dun comando yihadista.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

3 Propaganda noxenta

Creo que eses comentarios son denunciables. Eu sempre recomendo poñerse a traballar a quen lle pagan por facer un traballo. Non son necesarios bolardos. Hai testos grandes de flores de ferro colado, que adornan, non fan propaganda do medo, e que ben colocados obrigan a ir moi despacio para conducir por aí e esquivalos. Os da escola de Goebbles aprenderon moi ben e lévanche moitas décadas practicando e sempre tiveron cartos a esgalla.

2 Ssesese

A política e moi rastreira

1 Un da Algalia

O alcalde xa se sabe de que lado está, deixouno claro no desaloxo dos nenos de papá okupas...menos da policía de calquera lado. Como a Colau se negou poñelos el segue o mesmo patrón, deus queira que non co mesmo resultado.

1 Failde

Témome que o teu deus é curmán da divinidade que ordena ir contra os infieis, método noutrora non tan lonxana compartido e bendicido nas cruzadas. Os tres deuses do libro son a vosa cohartada para cometer as maiores atrocidades da historia. Témome que es igual de fanático, de manipulador e de despreciable. Sabemos de que lado estás: dos que gozan coa desgraza allea!

2 Un da Algalia

Failde. Os que gozades coa desgraza allea sodes os que apoiades réximes totalitarios e criminais como Venezuela, Cuba, Irán,.... En nome do comunismo....e favorecedes a inserción do islam no país con tanto juelcomrefujes...

3 Argonauta

Na Al galia, sen ir mais lonxe, as Mezquitas de Al Animas e a de Al San Bieito, de paso para a Grandisma Mesquita do Al Obradoiro......e que non hai quen viva con tanto mouro!!!.