Ourense, sitio distinto

Sabiamos que Ourense era un territorio politicamente singular.Por moitas razóns.

Por Xesús Veiga | Santiago | 27/09/2010

Comparte esta noticia

Polo notábel peso específico das Administracións públicas na dinámica económica e na realidade laboral desa provincia.Pola continuidade da hexemonía política do PP na Deputación e na grande maioría dos concellos de cativa e mediana dimensión.Pola impunidade electoral asociada ás evidentes prácticas de clientelismo rexistradas nas últimas décadas.Pola importancia relativa que ten adquirido unha parte da súa elite política na composición e funcionamento das propias institucións galegas.

Pensabamos que o sabiamos todo.Pois non.O reino da familia Baltar segue sendo unha fonte inagotábel de coñecementos.Hai que agradecer ao xuíz Leonardo Álvarez Pérez a posibilidade de comprobar que se pode procesar a cargos públicos do BNG por presuntos delitos de “prevaricación, falsidade en documento público, cohecho e tráfico de influenzas” a partir de indicios de supostas irregularidades administrativas na tramitación dunha contratación que nunca chegou a ter entidade práctica definitiva.Despois do que ten chovido na vida política ourensá, non deixa de resultar curioso ler neste auto xudicial que “es facilmente deducible que si los cuatro funcionarios referidos hicieron todo lo posible actuando fuera de la legalidad vigente....es con la intención de participar en los beneficios que se obtuviesen con dicha explotación”.¿Haberá que pensar que o exercicio da actividade política en Ourense en representación do BNG ten unha prima de risco á hora de disfrutar do principio da presunción de inocencia ou de merecer unha aplicación equitativa das normas xurídicas?
A dimisión de Andrés García Mata marca un punto e aparte na historia da asunción de responsabilidades políticas.Non había precedentes de comportamentos semellantes nos cargos públicos do PP e do PSOE.O caso recente do delegado provincial Rogelio Martínez –por non falar de Camps e demais compañeiros mártires- confirma que no PP só se dimite se hai unha condena xudicial firme aínda que carezan de escrúpulos para esixir aos demais os que eles non practican.A partir de agora, ninguén poderá alegar ignorancia ou buscar refuxio na implícita complicidade corporativa de que todos os representantes políticos fan o mesmo.A decisión tomada por este concelleiro nacionalista demostra que é posíbel diferenciar a responsabilidade penal da política e que esta esixe un comportamento pedagóxico acorde cun sistema democrático de elevada calidade.Confirmado.Ourense é un sitio distinto.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xesús  Veiga Buxán Licenciado en CC.EE. pola Universidade de Bilbao. Profesor –dende o ano 1974- no Departamento de Organización de Empresas e Comercialización da Facultade de CC.EE. da USC. Dirixente do MCG. Posteriormente, foi dirixente de Inzar.Foi deputado polo BNG no Parlamento galego dende 1993 ao 2005. Dende Setembro do ano 2005 ate o mes de Abril do ano 2009 foi asesor para asuntos económicos no Gabinete da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia.