Temas: INDITEX

Inditex asume o control total do seu principal provedor galego

A fábrica Indipunt, de Ferrol, conta cuns 200 traballadores e agora deixa de estar gobernado pola familia que a fundou.

Por Galicia Confidencial | Ferrol | 22/08/2017 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

O Rexistro Mercantil recolle que Inditex se convite en socio único de Indipunt. A matriz de Zara completa asía a adquisición do seu principal subministrador galego, do que xa tiña o 51% das accións dende 1997.

Pablo Isla (Inditex)
Pablo Isla (Inditex)

Sen embargo, Inditex non gobernaba o día a día da fábrica ferrolá, pois a administración seguía, polo menos, a cargo de Ivan Pampín, membro da saga familiar que fundou Indipunt. Agora os Pampín perden o control da súa fábrica, que pasa totalmente ao grupo de Amacio Ortega.

Segundo o portal sectorial Modaes e a CIG, sindicato máis votado na compañía, en Indiput contan cunhas 200 operarias. Inditex non se pronunciou polo de agora sobre o seu futuro, pero cómpre lembrar que noutras fábricas do grupo no país  a multinacional leva anos cun programa de baixas incentivadas para as proletarias máis vellas. En 2013 Inditex pechou Jema Creaciones Infantiles, unha das poucas fábricas que quedaban fóra de Arteixo, levando a produción, precisamente, a Indipunt.

Malia ser un xigante global, Galicia segue a xogar certo papel na produción de Inditex. A empresa controla unha ducia de fábrica téxtiles en Arteixo. 

Con todo, o conxunto do Estado a penas significa o 15% da produción do grupo, segundo cifras presentadas polo presidente Pablo Isla en 2016. Inditex cifrou en 7.000 os provedores cos que conta no Estado, dos cales 208 operan 466 fábricas téxtiles.

Temas: INDITEX
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta