Versionan aos Beatles en galego nun festival en Liverpool

The Funkles versionará aos Beatles en galego en Liverpool durante o International Beatleweek Festival.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/08/2017 | Actualizada ás 14:25

Comparte esta noticia

A banda compostelá The Funkles viaxará á cidade británica de Liverpool entre os próximos 25 e 28 de agosto para participar na International Beatleweek Festival, o evento internacional de bandas tributo aos Beatles "máis importante do mundo" ao que acudirán con versións en galego.

The Funkles e Valentín García
The Funkles e Valentín García | Fonte: Europa Press

Segundo declarou este martes nunha rolda de prensa a vocalista do grupo, Carolina Rubirosa, "sorprendéronse" ao ser convocados ao festival de novo, algo que é "bastante complicado de conseguir", asegurou. Non entanto, tamén admitiu que o ano pasado deixaran "bo sabor de boca".

O grupo compostelán, composto por catro mulleres e un home, realizará en Liverpool un total de sete concertos en espazos "tan importantes" para o "mundo Beatle" como The Cavern Club, o lugar onde o grupo británico "naceu e expandiuse", segundo explicou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.

Ademais, a banda subirá ao escenario do Hotel Adelphi, centro do International Beatleweek Festival, e tocará tamén en St. Peter's Garden, o lugar onde John Lennon e Paul McCartney coñecéronse hai 60 anos. Isto último farano co grupo The Quarrymen, ao que ambos os artistas pertenceron ao comezo das súas carreiras.

"AIRE FRESCO" EN GALEGO

The Funkles preséntase como unha banda tributo aos Beatles que fai as súas propias versións de forma "totalmente diferente", explica a vocalista do grupo, no terreo do funk, o soul e mesmo con pinceladas de jazz. Ademais, cantan en galego, algo que, segundo afirmou Rubirosa, "sorprende moito para ben" porque dota ás cancións dun "aire fresco".

E é que este ano o festival, que leva "máis de 30 edicións", vai reunir a "moita máis xente", tal e como explicou Carolina Rubirosa, posto que o Hotel Adelphi vai recibir un "lavado de face", o que obrigará a que este ano sexa "o último" neste espazo.

THE FUNKLES, "O BICHO RARO"

The Funkles representará así a España e a Galicia neste evento internacional no que, segundo afirmaron, son "o bicho raro" por cantar as cancións dos Beatles en galego, pero "sen desvirtuar" aos Beatles e "mantendo o valor".

Valentín García valorou que o traballo de The Funkles sitúa ao idioma e á cultura galegas "nun dos centros de irradiación cultural máis importantes do mundo". "O mundo Beatle é un dos ámbitos culturais que máis potencia e expansión ten polo mundo enteiro e, por tanto, que Galicia estea presente cos seus intérpretes é algo que ata agora non se fixo", concluíu o secretario xeral.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta