Temas: PONTEAREAS SECA

Actúan no espazo natural da Freixa para evitar cortes de auga en Ponteareas

O concello tapa con pedras e area unha zona para evitar fugas de auga. Di que xa tiña avisado á Confederación Hidrográfica deste problema.

Por Galicia Confidencial | Ponteareas | 23/08/2017 | Actualizada ás 11:24

Comparte esta noticia

O Concello de Ponteareas comunicou á Confederación Hidrográfica a necesidade de realizar unha intervención con carácter urxente no espazo natural da Freixa para garantir o suministro de auga na vila xa que de non facelo, di, “poríase en risco este servizo básico”.

Espazo natural da Freixa, en Ponteareas, onde o concello actuou para evitar o corte de subministro de auga ante a seca
Espazo natural da Freixa, en Ponteareas, onde o concello actuou para evitar o corte de subministro de auga ante a seca | Fonte: Concello de Ponteareas

“A existencia dunha fuga de auga baixo a pasarela da Freixa provocou un descenso no nivel de auga estando a piques de quedar por debaixo do nivel de captación de auga para o suministro da vila”, indica nun comunicado. A actuación consistíu en taponar con pedras e area esa zona “sen agredir o medio ambiente” e así conseguir que subira o nivel do río Tea na zona da Freixa donde está a capatación de auga.

O concello lembra que esta fuga, que xa existía hai tempo xunto co problema que isto supuña para a estructura da pasarela da Freixa, foi trasladada no seu momento á Confederación para solucionala aínda que nunca supuxo un risco como o dos últimos días provocado pola baixada do caudal do río Tea debido a seca deste verán.

O obxetivo da Alcaldía é realizar un completo plan de recuperación e valorización da Freixa e acometer as primeiras actuación antes do vindeiro verán. 

Temas: PONTEAREAS SECA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Retornado

1 Retornado

galego.farodevigo.es/comarcas/2017/08/20/ponteareas-pone-marcha-ano-reduccion/1736085.html