Temas: SEXO

Diminúe a calidade do ADN dos espermatozoides dos galegos, segundo un informe

Apunta que hoxe o ADN dos espermatozoides dos galegos da mesma idade sofren máis dano e fragmentación que hai 20 anos.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 24/08/2017 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Un  informe realizado pola clínica Mar&gen apunta que a calidade do ADN dos espermatozoides galegos diminuíu nos últimos anos.  Este centro recolleu e avaliou sistematicamente, e desde hai máis de 20 anos, o ADN dos espermatozoides de pacientes, de España e de diferentes partes do mundo, con problemas de fertilidade e conclúe que, no caso dos galegos, o ADN dos seus espermatozoides “sofre máis dano e framentación” que en 1997.

Imaxe de espermatozoides
Imaxe de espermatozoides | Fonte: Men's Health

“Facer o amor con máis frecuencia mellora a calidade do ADN dos espermatozoides dos galegos que é peor nos homes que exaculan pouco”, segundo apunta o doutor Jan Tesarik, especialista en fertilidade humana e director xerente da clínica Mar&gen.

O equipo de expertos da Clínica Mar&ge de Granada  publicou recentemente un artigo científico na revista especializada Translational Andrology and Urology, no que revisan todos os métodos do diagnóstico e do tratamento do dano ao ADN dos espermatozoides  dispoñibles na actualidade e elaboran un algoritmo do uso de cada un deles segundo a gravidade do dano e a situación xeral da parella infértil, tomando en conta tamén a condición da muller.

Fertilidade

“Aínda que non existe un consenso xeral, diferentes estudos aseguran que a fragmentación do ADN dos espermatozoides pode reducir a fertilidade dos homes, provocar abortos en embarazos e xerar problemas de saúde nos recentemente nados”, indica Tasarik. A maior ou menor incidencia destas variables está relacionada cos xenes afectados pola fragmentación, de maneira que nuns casos pode ter consecuencias negativas e noutros ningunha.

Segundo Tesarik, os problemas tenden a a ser máis altos en fumadores e en homes expostos profesionalmente a diferentes substancias tóxicas. Tamén se deriva das condicións ambientais, como a contaminación do aire, auga e alimentos, o consumo de alcol e drogas, a temperatura testicular elevada, varias patoloxías como a criptorquidia, varicocele, procesos inflamatorios ou infección do tracto xenital, cancro,  episodios febrís e tensións,  entre outros. “Hábitos persoais aparentemente irrelevantes, como o uso regular de baños quentes ou da sauna, a roupa axustada e práctica de certos deportes, poden tamén contribuír á deterioración”, indica.

Como evitalo

Para mellorar a calidade dos espermatozoides, Tesarik recomenda “estresarse menos, comer alimentos ricos en vitamina C ou outros antioxidantes e facer o amor con máis frecuencia, xa que está demostrado que a calidade do ADN dos espermatozoides é peor en homes que exaculan pouco”. 

Temas: SEXO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 supermán

Pero non era un beneficio o control da exaculación?

1 In vitro

É de levar o teléfono móbil todo o día pegado ós collóns