Ferido con queimaduras un home ao estouparlle un teléfono móbil nun hotel en Vigo

Por E.P. | VIGO | 28/08/2017 | Actualizada ás 10:16

Comparte esta noticia

Un home de 28 anos hospedado nun hotel de Vigo, na Rúa Fonte, resultou ferido o domingo pola tarde con diversas queimaduras tras estouparlle un teléfono móbil.

Móviles ardendo.
Móviles ardendo.

O particular que chamou ao 112 Galicia para pedir axuda indicou ademais que a persoa afectada se mareaba. O CIAE puxo en alerta a Urxencias Sanitarias.

Debido ao fume que ocasionou a explosión no inmoble, foi necesario que os bombeiros da cidade se achegasen ao lugar. A Policía Local tamén foi informada do suceso, que sucedeu sobre as 19.00 horas deste domingo.

O 061 enviou ao lugar unha ambulancia asistencial para atender ao ferido, L.F.C.A., de 28 anos, que foi trasladado a un centro de Atención Primaria da cidade olívica.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta