Santiago de Compostela convértese en Houston

Rúas alagadas, avarías en semáforos e vehículos bloqueados polas choivas debido a unha forte treboada que afectou a Santiago.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/08/2017 | Actualizada ás 23:32

Comparte esta noticia

As intensas choivas e a treboada eléctrica que afectaron a Santiago durante a tarde do luns provocaron inundacións en diversas rúas, en baixos comerciais e avarías na rede de semáforos da cidade.

Inundacións no Polígono do Tambre, en Santiago, con varios vehículos afectados
Inundacións no Polígono do Tambre, en Santiago, con varios vehículos afectados | Fonte: Youtube

Unha das zonas máis afectadas foi o polígono do Tambre, tanto na vía Edison como en Ptolomeo, onde varios coches quedaron bloqueados debido ás inundacións.

Polo menos, catro vehículos quedaron atrapados pola treboada totalmente cubertos de auga e un deles envorcado. A pesar diso, non se rexistraron feridos, e os ocupantes puideron abandonar os coches a tempo.

O 112 deu aviso a Bombeiros de Santiago, Protección Civil e Policía Local, que se atopan traballando no punto xunto a persoal de Viaqua. A vía Edison permanece cortada. Ademais do a zona do polígono do Tambre, as vías máis afectadas polas choivas foron Torrente Ballester, Entrerríos, San Lourenzo, a Avenida de Castelao e Sar.

O 112 contabilizou, polo menos, unha vintena de incidencias relacionadas coa treboada entre as 18.00 e as 19.00 horas, a maioría por crecidas en diversas rúas, aínda que tamén se recibiron alertas por inundacións en vivendas ou baixos comerciais.

Doutra banda, rexistráronse cortes de luz en Ames e Sigüeiro debido á treboada eléctrica. A pesar diso, fontes de Unión Fenosa aseguraron que se trata de incidentes moi localizados, debido á baixa tensión, e non detectaron avarías en media tensión.

O Concello de Santiago informou, á súa vez, que a rede de semáforos da zona norte quedou danada pola treboada e que os servizos técnicos atópanse no punto para atender as avarías.

MÁIS DE 300 RAIOS

Así mesmo, as intensas choivas deixaron 9,1 litros por metro cadrado en 10 minutos, e un total de 21 litros por metro cadrado nunha hora. Así mesmo, rexistráronse 309 raios en 30 minutos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

2 anonimo

Hai que ver como lle afecta a algúns a falta de mamandurria. Ai! Tempiños de regalitos de la hos... que van alá

1 galegoexiliado

A camiseta que levaba o califa na sua xira turistica a Barcelona era premonitoria "Compostela en negro". Desde que des-goberna Compostela Arrasada, Compostela está arasada, atrasada, abandonada, e por moito que os compostelans se queixen a tropa do concello anda as suas. Ruas sucias, ruas e camiños cheos de maleza, taxeas atascadas e sen limpar, os rios Sar e Sarela desaparecidos baixo un manto de herbas, plantas e ramas que atascan e taponan o cauce dos rios impedindo ver e circular a auga , hata que chove e se inundan as beiras e casas do contorno. Esta Concello so se preocupa dos toristas e de ter limpa a Plaza de España, a Catedral e a Rua do Vilar, o resto de Compostela, donde viven os pagaimpostos nin lles preocupa, ou como diría o seu guru e líder "se la bufa". Mareados están os de Compostela con estas subidas de marea. Menos mal que en dous anos hai marea baixa.

1 Dopichel

Fainos un favor a todos e segue exiliado. Os composteláns estamos fartos de reaccionarios fascistas.

2 Argonauta

Praza de Espagña: só eso xa indica que o Conde Roa (miserabel español exiliado na Alemaña logo de perpetrar as súas fechorias compostelanas: iso si, elixido democráticamente no seu dia por mais de vinte mil capullos santiagueses- polo tanto non somos inocentes -) volta a mancillar o papel en branco......

3 exiliadoestasmoiben

Por como te expresas, seguro que eres deses que cando sae á rúa vai deixando lixo por onde pasa.