Que hai de certo no mito celta de Galicia?

Nos últimos anos téñense realizado distintas investigacións sobre ADN que apuntan á similitude xenética entre as poboacións de Galicia e a das illas Británicas, entre eles, Irlanda ou Escocia. Outras van máis alá e conectan aos galegos con poboacións do norte de África.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 29/08/2017 | Actualizada ás 11:31

Comparte esta noticia

Hai anos que en Galicia se fala do seu glorioso pasado como nación celta. Os primeiros grandes historiadores do país como Murguía e Vicetto contribuíron a espallar esa idea romántica que unía a Galicia coas poboacións celtas de Bretaña, Escocia ou Irlanda e que tería unha orixe mítica na lenda de Breogán.

Recreación dunha batalla entre soldados romanos e celtas
Recreación dunha batalla entre soldados romanos e celtas

Pero que hai de certo neste pasado literario e lendario? Ten base real? Hai uns días, un dos principais xornais escoceses The Nathional destacaba que “hai uns cantos anos, probas de ADN suxerían que os primeiros habitantes de Escocia poderían incluír persoas que chegaron a estas illas desde Galicia”.

Nos últimos anos diferentes estudos teñen afondado neste aspecto baseandose na investigación do ADN das distintas poboacións. E cando menos, os resultados son sorprendentes tal e como apunta a web colaboradora Historia de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

6 Crougintoudadigo

De Indulgentia Temporum, de Historieto-Mínimo de Galiza, e de Doma e Castrejación

5 Eu mesmo

Si os romanos falaron da Galia e de Galaecia, quénes son os listos que negan que os nosos antepasados pertencesen á cultura celta?. Ah, si, o Ferrín, agora xa sabemos porqué inventou o da cultua castrexa. Xa daquela deseñaba a posición Soto na historia antiga, para xuntarse cos íberos.

4 galegoexiliado

Galiza castrexa. Hai que acabar coa invasión e ocupación de Galiza polos invasores celtas. CELTAS OCUPANTES E INVASORES, GO HOME. Galiza castrexa ceibe, sen celtas ocupantes XA.

1 tMgY

Galicia "galaica", o de "castrexa" é un eufemismo para quitarlle o nome a aquela cultura.

2 arzuacapital

castrexa, complexo galaico de certa intelectualidade pra como sempre negar o país, as culturas. celta, atlántica, galaica...

3 galiza pobo celta

somos un pobo ario, e cando din do norde de africa pode ser certo pois moitos pobos xermanos se instalaron en africa antes de que chegasen os árabes e o islam..., os mesmos vándalos pasaron o estreito, e outros pobos godos... incluso en Sicilia houbo un reino normando (vikingo) e que pensan que non se movia a xente daquelas que non emigraban como si existisen fronteiras polo mundo e alfandegas... SOMOS CELTAS OS GALEGOS SOMO ARIOS, outros non o son desde o manzanal para abaixo a emigración e africana desde os iberos os mouros...

1 Resabiada da Ría

Igual confundes repolos con coles, pero cada un é libre de pensar o que lle pete. Iso si: ten coidado en identificar ós normandos sicilianos cos vikingos, que igual ven algún historiador a darche un "zasca" nos fuciños...

2 arzuacapital

neno, rollo etnicista e racista non, chungo ademáis de irrelevante. venha, vai estudar e deixate de paridas. Galiza era unha empanada de pobos cunha cultura (celta, atlántica, ou como se queira chamar; e tamén mediterránea, supoño, xa que somos fronteira entre mundos. fumos máis ben) que actuaba como amalgama e criaba pobo, nación, cultura...

3 Ivo (de Bretaña)

Racismo e fantasmas...

2 anonimo

Estas pallas mentais arias de composición étnica das sociedades dan risa. A súa única función é estudar a compeñente xenética da prevalencia de certas enfermidades graves e a epixenética da interacción co entorno. Tocarse fantaseando con outras cousas é semellante ó que ocorre cos peitos salvando as distancias. A súa función é dar de mamar ós lactantes. Pero xorden os aficionados a tocarse e as mulleres con vocación de boneca inflable.

1 dendeaburga

Paréceme patético o teu comentario. Pódese comprender que renegues das túas orixes, pero non a túa fobia cara ás mulleres.