Podemos Galicia apoia a Pablo Iglesias na liorta interna

A secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, mostrou o seu apoio aos estatutos elaborados pola dirección estatal da formación ao considerar que están "no marco" dos acordos aprobados en Vistalegre II.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/09/2017 | Actualizada ás 11:14

Comparte esta noticia

A secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, mostrou o seu apoio aos estatutos elaborados pola dirección estatal da formación ao considerar que están "no marco" dos acordos aprobados en Vistalegre II.

Carmen Santos
Carmen Santos | Fonte: Europa Press

Así se pronunciou en declaracións a Europa Press a tamén deputada autonómica de En Marea ao ser preguntada pola crise interna xurdida no partido polo rexeitamento de parte da comisión de garantías ás normas internas deseñadas pola dirección.

LIORTA POLO NOVO CÓDIGO DISCIPLINARIO

En concreto, as diferenzas teñen a súa orixe no renovado código disciplinario que incluíu a Executiva nos novos estatutos e que abriu un debate no seo da Comisión de Garantías, o órgano que se encarga de velar polo bo funcionamento da organización. De feito, a presidenta deste 'tribunal' de asuntos internos, Olga Jiménez, foi expedientada por cuestionar estes textos.

Respecto diso, aínda que recoñeceu que "sempre pode haber matices", Carmen Santos asegurou que os novos estatutos están "no marco" do aprobado en Vistalegre II para "seguir fortalecendo un partido que quere gobernar un país".

Ademais, tras destacar que a nova dirección estatal da formación "estivo aberta a incorporar calquera cuestión ou proposta", incidiu en que "houbo un espírito en Vistalegre que se cumpre" con estas normas e que "é maioritario".

CRÍTICAS DOUTROS SECTORES

Con todo, a división que se deixa ver no conxunto do Estado, onde medio centenar de membros e exintegrantes de comisións de garantías de distintas federacións subscribiron un comunicado conxunto en respaldo a Olga Jiménez, tamén ten algúns reflexos en Galicia.

Así, aínda que a dirección de Podemos Galicia apoia estas normas, sectores como o que representa Carlos Armada, Podemos 15M, trasladou o seu apoio á presidenta da Comisión de Garantías ao considerar que a súa postura sobre estes novos estatutos é a "correcta".

"A sanción da presidenta da comisión de garantías estatal non é correcta e debería ser anulada, do mesmo xeito que se deben anular os novos estatutos presentados por Echenique por ser ilegais", sinala Podemos 15M nun comunicado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

1 Alberte

E a sexta que di?