Galicia entra no gran foro dos liberais europeos

A Asociación Galega para a Liberdade e a Democracia (GALIDEM) acaba de entrar a formar parte do European Liberal Forum (ELF). Galidem organizará unha xuntanza internacional en 2012, na que participará Converxencia XXI e un dos partidos integrados no Bloque.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 06/10/2010 | Actualizada ás 22:20

Comparte esta noticia

GALIDEM é a primeira asociación galega que entra a formar parte deste clube que engloba asociacións liberais de toda Europa. Do European Liberal Forum forman parte os Think Tanks dos máis poderosos partidos liberais europeos, desde o Partido Liberal-Demócrata británico, actualmente no goberno de coalición cos conservadores, até o Partido Liberal alemán.

O ingreso da GALIDEM no ELF foi avalado polo Movimento Liberal Social portugués e a Fundació Catalunya i Democracia e fíxose efectivo na asamblea que este foro celebrou en Bruxelas o pasado 1 de outubro.

"Espallar os valores liberais"

"O ingreso da GALIDEM no ELF é moi positivo tanto polo recoñecemento internacional que isto supón para o noso país e os ideais galeguistas como pola oportunidade que ofrece para espallar en Galicia os valores liberais", apuntou o seu presidente, Fernando del Río, a Galicia Confidencial.

A GALIDEM é un Think Tank que ten por obxectivo analizar e propor solucións aos diversos retos que confronta a sociedade galega actual, "sempre desde unha perspectiva liberal e galeguista".

None

Cumio dos liberais europeos

Esta asociación organizará o cumio liberal ibérico de 2012. Un evento no que tamén colaborarán Converxencia XXI e o PNG-PG, formación que forma parte do BNG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 23 comentarios

13 MDGHKLExiaEHdy

YBbvP9 becihjpmmhty

12 YOUWXriXt

Just cause it's simple doesn't mean it's not super hpeflul.

11 Mendes Serrin

De nuevo la izquierda cavernicola intentando maquillarse apropiandose de la palabra liberal

1 brbs

si home si: por iso os aceptan na internacional liberal, e os teus amigos conservadores que se chaman liberais están co pp europeo.

10 Converxente

Adiante Converxencia. Adiante Galicia.

9 50galego

Hai algunha forma de entrar en contacto con eles ou participar na Galidem? Ou é algo reservado só a membros de Converxencia?

1 meu rei

teñen sitio propio no facebook: http://www.facebook.com/galidem