Feijóo compara o referendo catalán co 23-F e di que en Galicia “nunca pasará” algo así

“É a situación máis grave que vive España desde o golpe de Estado do 23-F”, di e aposta por activar o artigo 155 da Constitución para frealo. Critica que Pedro Sánchez cualifique a Galicia de nación no seu concepto de que o Estado español é “unha nación de nacións”.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 07/09/2017 | Actualizada ás 14:55

Comparte esta noticia

Cataluña é omnipresente. Está en tertulias, debates televisivos, titulares de medios de comunicación e na axenda de todos os políticos. E, obviamente, non podía faltar na do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que este xoves despachouse a gusto sobre o referendo catalán. “Hai que utilizar todos os mecanismos para tentar parar esa ilegalidade”, dixo ao equiparar o que acontece en Cataluña co golpe de estado do 23-F.

Manifestación a favor da independencia en Cataluña
Manifestación a favor da independencia en Cataluña

Referíase tanto a  aplicar o artigo 155 da Constitución Española –que recolle a suspensión da autonomía nun territorio concreto-- , e que defenden partidos como C's ou UpyD, ou a aplicar a Ley de Seguridad Nacional, que é polo que aposta o PP, e que faculta directamente ao presidente do Goberno, vía real decreto, para actuar ante unha “situación de interese para a seguridade nacional” e organizar unha estrutura que garanta “a defensa de España e os seus principios e valores constitucionais”.

Temos instrumentos legais para facer fronte a este desafía e iso está en mans do Goberno de España. Eu confío absolutamente na súa firmeza”, dixo Feijóo que acusou ás forzas soberanistas catalanas de ir cara o “totalitarismo”. “Antes eran nacionalistas, logo independentistas e agora, directamente, totalitaristas”, dixo logo de que o Parlament dera vía libre a organización do referendo.

23-F

Feijóo fixo esta afirmación na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta na que mesmo chegou a comparar o que acontece en Cataluña co golpe de Estado do 23-F. “É a situación máis grave que vivimos desde entón”, dixo ao insistir en que esa votación “quérese facer fora da lei”. Por iso, insistiu en que “seguirá confiando” en Rajoy para que aplique a ley para “garantizar a normalidade democrática”.

Feijóo canda Rajoy no acto de aniverasario da Constitución no Congreso
Feijóo canda Rajoy no acto de aniverasario da Constitución no Congreso

Ademais comprometeuse a que, como presidente de Galicia, isto “nunca vai a acontecer” aquí e que os galegos están “preocupados” polos miles de paisanos que viven en Cataluña e polos miles de cataláns que non están de acordo con esa votación. 

Galicia, nación

Por outra banda, o presidente galego tamén se referiu ao concepto de “nación de nacións” empregado hai uns días polo líder do PSOE, Pedro Sánchez, para referirse ao Estado e dicir que está integrado polas “nacións” de Cataluña, Euskadi e Cataluña. Un concepto que non lle gustou nada a Feijóo. “Nós somos galegos e como galegos, somos españois”, dixo. 

Así, afeoulle a Pedro Sánchez que metera estes conceptos xusto cando Cataluña quere a súa independencia. “Ás veces dá a impresión de que o PSOE é un partido sen criterio e isto é grave nestes momentos”, indicou. “Todos pensabamos que xa sabiamos o que era España e Galicia e que xa está na Constitución, pero resulta que agora chegou Pedro Sánchez para dicir outra cousa xusto cando está tendo lugar o maior ataque ao estado das autonomías”, engadiu. “Nós somos galegos que é o mellor xeito de ser españois”, insistiu.

Feijóo suliñou que Galicia é unha nacionalidade histórica, como o é Cataluña ou Euskadi, e seguirá, dixo, “os mesmos mecanismos” que estas dúas autonomias. “E isto é así porque se decidiu hai moito tempo e está incluído na Constitución, pero un grupo de españois non pode decidir polo conxunto de todos os españois”, dixo en alusión aos cataláns.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 48 comentarios

27 Antinostrus

Veña para a Corte Porcus Nostrus.!!!!..e olliño...que se aproxima o Dia do Pai e outro ano mais "in albis"..........sempre che ficará ir lamber-lla ao bedel do CNI-Ministerio do Interior, miserabel mercenario........palanquín pizarreiro parido en gávea puticlubeira valdeorresa......

26 FERROLAN DO PISCO

Se aquel ilustre actor e filósofo , Xan das Bolas esc0itara as burradas do Feyjóo , diria "A cada un se ll fala según è " Se Lera estes comentarios diría " Que xente, que eucalptal de paisaxe...meu Deus......qu paisanaxe

25 FERROLAN DO PISCO

Se aquel ilustre actor e filósofo , Xan das Bolas esc0itara as burradas do Feyjóo , diria "A cada un se ll fala según è " Se Lera estes comentarios diría " Que xente, que eucalptal de paisaxe...meu Deus......qu paisanaxe

24 Antinostrus

o problema té-lo, Porcusnostrus querido, TI, miserabel mercenario...desgraza non coñecer ao Pai,...... desgraza non distinguir entre peido e labarada faringoalarínxea.....

1 nostrus

Na tua especie eres o único que ten a boca e o cú reversibles e valenlle para o mesmo. O mesmo defecas ca boca como masticas co cú e viceversa. Si ti es o mais axeitado na representacion do nacionalismo, terei inda peor criterio dos nacistas, naciosos e sepa-ratas. Diferenciaste das ratas en que éstas son mellores ca ti.

23 antinostrus

palanquinpizarreiro tiña de ser o noso mononeuronal de cabeceira.....