Temas: LIDIA SENRA

Cal é o futuro da esquerda global?

O sociólogo Ramón Grosfoguel, as activistas nicaragüenses Mónica Baltodano e Haydee Castillo e a galega Lupe Ces, serán as relatoras dun coloquio internacional este mes en Galicia.

Por Galicia Confidencial | | 11/09/2017 | Actualizada ás 19:01

Comparte esta noticia
alizar diferentes experiencias vividas pola esquerda nos últimos tempos, aprender delas e reflexionar sobre os desafíos aos que se enfronta a día de hoxe a esquerda non só a nivel galego, senón planetario. Ese é o obxectivo duncoloquio que terá lugar o venres 15 de setembro, a partir das 19:00 horas, na Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela, organizado pola eurodeputada galega Lídia Senra, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL). O evento posibilitará que se poida escoitar e debater con elas na capital galega a persoas cunha ampla traxectoria activista no ámbito da esquerda a nivel internacional como son o sociólogo portorriqueño, membro fundador de Europa Decolonial, Ramón Grosfoguel;a Comandante Guerrilleira nicaragüense, presidenta tamén da Fundación Popol Na, Mónica Baltodano; ou a activista do Movemento Autónomo de Mulleres de Nicaragua e membro do Foro de Mulleres para a integración centroamericana e do Caribe, Haydee Castillo. A voz galega das relatoras poñerana, ademais da propia Lídia Senra, a mestra, feminista e activista social Lupe Ces. Todo o coloquio será moderado polo autor do blog O Funambulista Coxo, o vigués David Rodríguez. “Trataremos de poñer en común reflexións que dende distintas experiencias e realidades se están dando na esquerda no contexto actual europeo e planetarios fronte aos impactos da globalización e dende unha perspectiva de clase e feminista”, explica Lídia Senra, para quen este tipo de intercambios son hoxe máis necesarios que nunca. En efecto, a idea da eurodeputada é que coloquios semellantes teñan continuidade nos próximos meses deste ano para seguir profundizando no papel e nos retos da esquerda. Na cita deste 15 de setembro, Grosfoguel falará sobre a crise dos paradigmas da esquerda a nivel mundial; mentres que Mónica Maltodano se centrará en analizar a situación que está a atravesar Nicaragua co goberno de Ortega; e Haydee Castillo abordará as resistencias e loitas contra o capitalismo patriarcal e depredador. O relatorio de Lupe Ces levará por título “Quen ten un plan?”.

Lida Senra
Lida Senra
Temas: LIDIA SENRA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Ventos de liberdade

Xa sabemos o que trinca a Lidia como eurodiputada: 6.500 euros netos al mes + 304 euros netos de dietas diarias + 4.300 euros mensuales para gastos + 21.300 euros ao mes para contratar asesores+ viajes gratis en Bussines class. Iso si, en perruquería non gasta nada para dar unha imaxe proletaria que só se cren os bordelins. Canto cobran os outros?

1 remo

troll pepeiro "MOI PREOCUPADO" polo que gaña honradamente, sen roubar, umha persoa que non é das súas....jeje