Spin Way presenta os cinco mellores proxectos

Nesta edición participaron 30 mozos de 14 países iberoamericanos.

Por GC Emprende | Compostela | 12/09/2017 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Os 30 mozos e mozas universitarios de 14 países de Iberoamérica que participan en Spin Way 2017 chegaron este luns a Santiago logo de cinco días de aventura emprendedora no Camiño de Santiago. Superado o reto na ruta xacobea, os emprendedores enfrontaronse a un último desafío para defender os seus proxectos ante un xurado nunha competición de Pitch no Edificio Emprendia.

Spin Way
Spin Way | Fonte: spinway.uninova.org.

As persoas finalistas, elixidas polos seus propios compañeiros segundo as pautas marcadas polos mentores, foron José Javier Casal Pérez, da USC, coa proposta Mobilitrust; Gaston Rafael Legnani Aguirre, da Universidade ORT de Uruguay, co proxecto Krowth; Ana Vanessa Aguilar Paredes, da Universidade Concepción de Chile, con Symbiosis; Giselle Mendoza Rocha, do Instituto Tecnolóxico de Monterrey de México, con GECO; e Daniel Zaragoza Rodríguez, da Universidade mexicana de Guadalajara, con Endoshot.

A Universidade de Santiago de Compostela (USC), en colaboración con RedEmprendia, o Organismo Internacional de Juventud para Iberoamérica (OIJ) e o Instituto de la Juventud de España (Injuve) impulsan esta segunda edición de Spin Way, que conta tamén coa colaboración de Uninova, Xacobeo Galicia e Visualiza Business. Trátase dunha experiencia que aspira a transformar os seus proxectos en iniciativas de éxito, xerar lazos de amizade e cooperación para o futuro entre mozos/as de toda a rexión iberoamericana e favorecer a implementación do Pacto Iberoamericano de Juventud.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta