Galicia Bilingüe leva ao Valedor un youtube no blog do Equipo de Normalización de Cuntis

O colectivo Galicia Bilingüe segue a tentar denunciar a labor de centos de Equipos de Normalización baseándose nun vídeo subido a unha bitácora non oficial. Vídeo no interior.

Por Galicia Confidencial | Cuntis | 11/10/2010 | Actualizada ás 18:24

Comparte esta noticia

O colectivo contrario á normalización do galego Galicia Bilingüe continúa a súa ofensiva contra os Equipos de Normalización Lingüística (EDNL) das escolas. A asociación de Gloria Lago presentou hoxe no Valedor do Pobo unha "denuncia concreta" contra o EDNL do centro "Don Aurelio" de Cuntis.

O cargo de GB é que no blog, que non é a páxina oficial do colexio, "aparece publicado un vídeo con un alto contenido radical" en referencia a un videoclip do grupo Skarnio.

GB pide "medidas cautelares" imposibles

Como xa explicou Galicia Confidencial, o blog "Na Lingua de todos" está na blogoteca, polo que en ningún caso a súa publicación ou eventual censura mediante "medidas cautelares" depende da Xunta, como demanda de novo Galicia Bilingüe.

Unicamente un xuíz podería tomar medidas contra el, no caso de que se probase algún delito. Tal censura debería ser aplicada en todo caso polo Youtube, que o servidor que aloxa a peza de Skarnio, unha canción pola que os seus autores nunca foron condenados por apoloxía do terrorismo ou outro delito.

Un dos seus usuarios do blog de Cuntis escribiu no verán de 2008 un post, sen alusión política algunha, no que se facía eco do próximo concerto do grupo de ská vigués, e incluíu un vídeo da banda. Na canción non se nomea a Uxío e Giana, que foron condenados pola bomba no Caixa Galicia de Santiago; cuxas fotos si saen no videoclip.

A descrición de Galicia Bilingüe dada nun comunicado, publicado só en castelán, é a seguinte: <<Se trata de un vídeo del grupo Skarnio que parece ensalzar a dos independentistas gallegos que fueron condenados por su participación en la colocación de un artefacto explosivo en una entidad bancaria en Santiago de Compostela. Se muestra la imagen de ambos y se pide su libertad, mientras suena una canción en la que no sólo se les aplaude, sino que se invita a su liberación e incluso a “luchar como ellos luchan”>>.

 

Para GB isto é un exemplo de que "numerosos equipos de normalización hacen un uso politizado de la mayoría de sus acciones referidas al idioma". Na súa campaña de criminilización dos EDNL, este colectivo  publicou un documento con "múltiples capturas y direcciones de blogs a disposición de los alumnos".

O outro blog atacado inicialmente por GB era o do EDNL do IES Felix Muriel de Rianxo. O portal Bico da Ría contiña, segundo GB, unha imaxe de "un joven portando un cocktel molotov y una frase amenazante contra las personas que pudieran participar en una manifestación que Galicia Bilingüe había convocado para febrero de 2009".

Galicia Confidencial revisou ese portal ao día seguinte da denuncia de GB e non foi quen de atopar tal imaxe. GB asegura que se retirou despois da súa denuncia. Tanto Bico da Ría como o blog de Cuntis conteñen múltiples recursos educativos sobre o idioma. Porén, GB insiste en Educación debe impedir que os alumnos os consulten. 

O inicio dunha campaña

Gloria Lago xa anunciou na asemblea deste verán que un dos obxectivos de GB no novo curso sería denunciar aos que desafiasen ao polémico "decreto do plurilingüismo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 88 comentarios

23 Logo de facer a enquisa:

Para GaliciaCofidencial: Non estou de acordo con que se lle dea cancha libre (nos comentarios) a estes de GB. Explícome, eles teñen moitos medios que os apoian, todos sabemos cales, ademáis de administracións e sabe dios quen. Se queredes ser un medio de referencia para un sector importante da poboación hai que limitar as intervencións do sector ideolóxico da extrema dereita neste medio. Esta é a miña opinión. Por outra banda: eles mesmos se desacreditan cando falan pero non deixan de ser bastante desagradables.

1 Galicia Confidencial

Galicia Confidencial naceu para ser un medio libre e plural cunha liña editorial moi clara. Algúns de vos criticades que non vos deixan opinar en moitos medios de comunicación que calificades de dereita. Precisamente queremos evitar iso, a censura. Por iso abrimos esta porta a todos, aos que estades a favor e aos que estades en contra para que, aínda que con grandes diferencias ideolóxicas, poidades intercambiar opinión e, en moitas ocasións, discutir sobre certos temas da actualidade.Cremos que o debate, enriquece. Iso si, o que tentamos impedir son os insultos, descalificacións e faltas de respecto. En todo caso, teñense en conta todos os consellos. Un saúdo, GC

2 Moi agradecido

A miña proposta non é unha simple censura, senón algo coma unha valoración dos lectores que poidan facer desaparecer algúns comentarios, tal e como fai Público, por ex. Iso si, en todo caso prefiro que exista isto tal e como está e ademáis tamén se lles dá unha bofetada de democracia a estes individuos. Facedes un gran traballo, que quede claro.

3 Galicia Confidencial

Gracias pola contribución, o da valoracion dos comentarios é unha idea moi interesante e tentaremos incorporala en canto teñamos máis tempo e recursos!

4 Manolo

Un ejemplo muy llamativo el del diario gubernamental Público. Hacer desaparecer los comentarios hostiles a la mayoría. Toma dictadura de opinión.

5 Porco Jones

Como exemplo REAL temos a El Mundo, nen sequera chegan a publicar os comentarios que van en contra das súas "tendencias". En canto ao teu exemplo Manola, e como de cotío, MINTES, ou falas sen ter nin puta idea. Calquera que lea Público sabe que hai uns cantos franquistas do teu estilo que non paran de comentar (por ponher un exemplo: busca comentarios de Soltzhenitzyn, seguro que ese sí que concorda coas túas lunáticas ideas). Ao que se refire Moi Agradecido é a que tódolos leitores poden dar un voto, negativo ou positivo, a cada comentario.

6 MAnolo cabezabolo

Manola, intenta criticar a los chorizos del Gurtell en Las Provincias: TOMAAA DICTADURA DE OPINIÓN. Hablando de opinión, condenas el régimen franquista? porque hace poco has dicho que te gustaba....

22 anonimo

Os da consellería metendo a pata. O blog está claro que é dun centro, accedese dende a web do CPI e leva o nome do centro. O Conselleiro debería andarse con ollo e non darlle mais gasofa a GB. Agora se saen con probas de que o blog depende da Xunta, van quedar coma Carrancho en Almagro.

1 Michu

www.blogoteca.com, é dicir, un servidor privado. Niso o conselleiro leva razón. Pero de tódolos modos, está por ver que se colgaron un vídeo dun grupo e falan da súa música, é como se nos dedicamos a pedir que non se usen as letras de Extremoduro na clase de lingua castelá porque por moitas metáforas que empreguen incitan ao consumo de drogas, que non se colgue un vídeo de Nirvana porque pode conducir os chavales a unha psicopatía e ao suicidio ou que non se empregue un vídeo de Lady Gaga porque ás rapazas lles pode dar por vestirse de maneira provocadora. Estes de GB iniciaron unha caza do galego e non van parar.

2 Teresa

Un usuario/a falaba que o seu grupo favorito ía dar un concerto, e colgou o video. Non hai máis, eu lin o comentario no blog. Tamén lín a carta de Xaquín, un cura ferrolán de 70 anos .......xa vou tirando a vello Non quixera que endexamais me podesen acusar de ter pecado contra da nosa fala por pensamento, por matinacións, por obra, por palabras destructivas por silencio cobarde, por omisión..............Acompáñademe no sentimento de salvar a língua. Non veñades logo ao tanatorio darme o pésame........ // GB denunciará tamén o crego? Ainda vai ser que si!

21 anonimo

pues si,como dice Daniel mienten y hacen el ridi. las jornadas consistian en unas ponecias y coneferencias. Participaron dos miemnros de GB SIN COBRAR NADA POR SUPUESTO, un magistrado gallego, y cuatro ponentes extranjeras que no quisieron cobrar, auqnue una de ellas es una catedrática sueca muy prestigiosa que fue inv itada incluso por el parlamneto catalan para debatir la ley de educacion (los puso a caldo parra sorpresa de los impositores de alli) lo nico en lo que gastaron fue el hotel y el viaje que les pago la diputacion, y las comidas, muy normalitas en restaurantes mismo de menu medio de pontevedra. vinieron tres ponentes de tres comunidades españolas y tampoco cobraron nada. GB contactó con los conferenciantes, participo en algunas ponencias, hizo el progarma y todo gratis, sin cobrar NI LAS DIETAS SIQUIERA, rien de rien cero. quisiera yo ver a otros trabajando gratis.

1 Isabel L.

Y fue todo muy plural, con invitados próximos o militantes en Ciudadanos y UPyD, y otros desde el extranjero pero, ¡casualidades de la vida!, todos en la línea de GB, ni uno sólo crítico con sus posiciones. Y todavía tendremos que perdonar que los miembros de GB que participaron no cobraron. ¡Sólo faltaría, chupones!

2 Daniel

Vaya por Dios, como si las jornadas similares que organizan los partidarios de la imposición del gallego fuesen ejemplo de participación de personas de diferentes tendencias. ¡Parásitos!, ¡ sectarios, hipócritas!

3 miert

Entón recoñeces que es igual que os impositores do galego?

4 Daniel

No. GB no trata con terroristas

5 Porco Jones

Non, vós mesmos sodes os terroristas. Asasinos de linguas!

6 Manolo

¿Cuantos años tienes rapaz? El asesinato es algo que solo se le puede hacer a las personas. A ver si diferenciamos.

7 No sea barbaro

Ten razón Manolo hai que diferenciar é un lingüicidio ideolóxico intencionado, non un asasinato.

8 anonimo

pues clato qu los expertos exranjeros que vivieron estaban de acuerdo con GB ES QUE NO HAY UN PAIS EN EL MUNDO QUE IMPONGA COMO AQUI. e todos los padres eligen. al que dice que GB asesina lenguas 1º las lenguas no se mueren, las dejan de hablar. 2º en todo caso si lo dejan de hablar será porque ahora es una lengua de plástico. el gallego de antes nos gusta a todos el de ahora es un engendro.

9 Manolón hipocritón

Es verdad, Manola, condenas al asesino Francisco Franco y su régimen?

10 Porco Jones

Manola, ¿que caralho saberás tí do galego de antes se aínda non saiche do cascarón? A min tamén me molaba o castelhano de antes, o de agora dame noxo, é artificial, amadrilenhado, de telediario......andaaaaaaa, vai ranhala!

20 anonimo

E como é que lles acordou agora despois de dous anos. Cnata intención. Por certo teñen boa resposta no artigo do Faro de hoxe: "Es una cuestión que no nos compete porque nuestra responsabilidad se limita a los contenidos que aparecen en las webs de los centros: lo que haga cada persona en otros espacios pertenece al ámbito privado y personal", explicaron ayer fuentes de la Consellería de Educación tras ser consultada por este asunto. Velo en http://www.farodevigo.es/galicia/20...

19 Maldonado

Por certo as enquisas do períodico amigo de GB sobre o topónimo que quere deturpar Negrera senlles ao revés do que eles e Manoliño esperaban: http://www.lavozdegalicia.es/galici... Parece ser que hai "unha maioria silenciosa" que quere a cousa como está, ou o que é o mesmo quere a legalidade e xa está farta do conto do La, La,La.

1 Manoliño

Claro, os dos partidos maioritarios da Coruña son parvos, e por iso tanto Losada como Negreira están a favor da cooficialidade. Deberías estar contento que non os vai votar ninguén e contra o que din as enquisas internas do PSOE, o goberno repartito local non vai perder a alcaldía. Se é que sodes de traca.