Galicia Bilingüe leva ao Valedor un youtube no blog do Equipo de Normalización de Cuntis

O colectivo Galicia Bilingüe segue a tentar denunciar a labor de centos de Equipos de Normalización baseándose nun vídeo subido a unha bitácora non oficial. Vídeo no interior.

Por Galicia Confidencial | Cuntis | 11/10/2010 | Actualizada ás 18:24

Comparte esta noticia

O colectivo contrario á normalización do galego Galicia Bilingüe continúa a súa ofensiva contra os Equipos de Normalización Lingüística (EDNL) das escolas. A asociación de Gloria Lago presentou hoxe no Valedor do Pobo unha "denuncia concreta" contra o EDNL do centro "Don Aurelio" de Cuntis.

O cargo de GB é que no blog, que non é a páxina oficial do colexio, "aparece publicado un vídeo con un alto contenido radical" en referencia a un videoclip do grupo Skarnio.

GB pide "medidas cautelares" imposibles

Como xa explicou Galicia Confidencial, o blog "Na Lingua de todos" está na blogoteca, polo que en ningún caso a súa publicación ou eventual censura mediante "medidas cautelares" depende da Xunta, como demanda de novo Galicia Bilingüe.

Unicamente un xuíz podería tomar medidas contra el, no caso de que se probase algún delito. Tal censura debería ser aplicada en todo caso polo Youtube, que o servidor que aloxa a peza de Skarnio, unha canción pola que os seus autores nunca foron condenados por apoloxía do terrorismo ou outro delito.

Un dos seus usuarios do blog de Cuntis escribiu no verán de 2008 un post, sen alusión política algunha, no que se facía eco do próximo concerto do grupo de ská vigués, e incluíu un vídeo da banda. Na canción non se nomea a Uxío e Giana, que foron condenados pola bomba no Caixa Galicia de Santiago; cuxas fotos si saen no videoclip.

A descrición de Galicia Bilingüe dada nun comunicado, publicado só en castelán, é a seguinte: <<Se trata de un vídeo del grupo Skarnio que parece ensalzar a dos independentistas gallegos que fueron condenados por su participación en la colocación de un artefacto explosivo en una entidad bancaria en Santiago de Compostela. Se muestra la imagen de ambos y se pide su libertad, mientras suena una canción en la que no sólo se les aplaude, sino que se invita a su liberación e incluso a “luchar como ellos luchan”>>.

 

Para GB isto é un exemplo de que "numerosos equipos de normalización hacen un uso politizado de la mayoría de sus acciones referidas al idioma". Na súa campaña de criminilización dos EDNL, este colectivo  publicou un documento con "múltiples capturas y direcciones de blogs a disposición de los alumnos".

O outro blog atacado inicialmente por GB era o do EDNL do IES Felix Muriel de Rianxo. O portal Bico da Ría contiña, segundo GB, unha imaxe de "un joven portando un cocktel molotov y una frase amenazante contra las personas que pudieran participar en una manifestación que Galicia Bilingüe había convocado para febrero de 2009".

Galicia Confidencial revisou ese portal ao día seguinte da denuncia de GB e non foi quen de atopar tal imaxe. GB asegura que se retirou despois da súa denuncia. Tanto Bico da Ría como o blog de Cuntis conteñen múltiples recursos educativos sobre o idioma. Porén, GB insiste en Educación debe impedir que os alumnos os consulten. 

O inicio dunha campaña

Gloria Lago xa anunciou na asemblea deste verán que un dos obxectivos de GB no novo curso sería denunciar aos que desafiasen ao polémico "decreto do plurilingüismo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 88 comentarios

13 Astrid

La licores, useasé la metílico, quiere fama, fama, fama...

1 Manoliño

Tes cleanex? Digoo porque parece que precisas un lote deles para recoller a babiña, cando menos, polo que dis. Rapaz/a, dígocho eu.

12 anonimo

otro que sigue empeñado en hacer el ridiculo. falange. si, y eran del pp y de UPyD y de marte tambien. la unica verdad es que llevan 3 años efrentandose a quien haga falta aguantando a los talibnes de todo pelaje, y siguen en sus trabajos de toda la vida, y yo no veo que se presenten a ningunas eleciones a pesar de que el pp le ofrecio a gloria lago el numero 2 por pontevedra en las autonomicas. es ridiculo seguir mintiendo, como lo de las subvenciones. soy socia de GB y nunca han recibido ni un euro de ni gun organismo, asi que de eso nada. trabajaron en las jornadas bilingües y no cobraron ni el transporte. lo que pasa es que eso averguenza a las mesas cigas editores y demas chupones, pues ajo y agua, que la gente normal sabemos lo que hay porque se ve.

1 Manoliño

Pois con todo respecto, a min gustaríame saber de que se financia GB, porque se teño que ser claro, algúns gastos como os autobuses tuneados, o deseño e mantemento da páxina web, custa diñeiro, e me parece difícil que se poida tunear e alugar un bus so cas cotas dos socios. Igual que digo o anterior, tamén me gustaría saber canto nos custa en subvencións a Mesa, ou canto reciben, cantos socios teñen en realidade (e refírome aos que están ao corrente no pago de cotas).

2 orgulloso do que son

O alcool adulterado non o poden borrar das súas memorias, todas aquelas víctimas estarán para sempre na memoria das familias que sufriron o egoismo económico dalguns outros que anos máis tarde veñen como adalices da liberdade, algún deles/as de familia hoxe en día moi coñecidoas. Todos sabemos de quen falo, e do veleno que enfermou a moita xente. Din por aí que os fondos dalgunha destas organizacións que defenden o ataque á lingua própia chegaron directamente da capital dun reino, da fundación dun que tivo e terá gran relevancia na historia democrática. Aquí tampouco quero ser máis claro, os que saben un pouco de historia recente saberán perfectamente de quen se fala e de donde viñeron os fondos para a pecaminosa campaña que desemvolveron non fai moito tempo.

3 Manoliño

Deixando a un lado a parida do ataque persoal, quero lembrar que o blog Feijomente suxería algo así, pero logo foron desmentidos. Quédanos por coñecer o financiamento da Mesa, que eu non teño nada clara, como tampouco teño claro que sexa a maior asociación cultural galega, con todos os socios ao corrente no pago de cotas. Luz e taquígrafos, pero para todos.

4 Porco Jones

Pero Manuela, se vos sodes o brazo armado da FAES, todo en vós é ilegal. Xa vos chegará o día...e tí, corre, que igual tamén acabas no caldeiro.

11 AntiGB

Pero esta xente no é a que foi con Falange españoña de las jons berrando libertazzz

1 Manoliño

Xa sabemos que falange é o demo, para tontos claro. Porque resulta que a actual Falange é un partido legal, mentres os animaliños aos que adican a canción, están no talego, por sorte ¿Non será que ti es medio taleguero e defendes aos teus?

2 xoan

polo menos xa recoñecedes que a Falanxe está detrás desta vergoñenta persecución, mais con esas compañas non vades lograr moitos adeptos á vosa causa, por legal que sexa: Galicia non está tan enferma.

3 Porco Jones

Manolita, o único "taleguero" es tí, defensor de golpistas, alcahuete de corruptos, troll ás ordes da FAES, fol de velenho cheo de complexos e baleiro de argumentos....Podería seguir pero non paga a pena....

10 ANTIEQUIPAS

COMO OS GUSTA MANIPULAR. Menos mal qu la gue leemos también otras cosas y pudimos ver que no se denuncia a cientos de equipos por un blog sino que s epide que esta basura la quiten XA. La denuncia a la Xunta tenía montones de blogs donde sepodia ver somo se lleva a los alunos a manifestaciones se manipula y s eles trata como a gudaris. Si a vosotros eso os parece normal, etoncs es que teneis un problema. GRACIAS POR SIEMPRE GB por ser nuestra voz y por denunciar estas cosas. de hecho ya han retirado una imagen ¿no decian que era mentira lo que decia Galicia Bilingüe? ¿entonces por qué lo retiraron? vergüenza les debería dar. ABAJO LOS EQUIPOS DE ANORMALIZACIÓN.

1 PROEQUIPAS

iso precisamente é o que pretenden que digas, paspán sen criterio.

2 Esteban

Antiequipas, en vuestra denuncia se citan muchos equipos de normalización por el mero hecho de informar de manifestaciones progallego, por criticar el famoso decreto de la xunta de feijóo o porque los alumnos escriben si van a actos por el idioma. Se supone, ceporro, que si los chavales salen de un colegio lo hacen con el consentimiento de sus progenitores y no los lleva de la oreja un profesor. Lo que estais logrando con este tipo de chorradas es quedar como lo que sois, unos catetos inquisidores.

9 VMS

Diossss, aínda me estou partindo o cu, jajajajaja, pero estes pavos de Skarnio de ónde saíron? Non sei que é máis patético, a música, a letra ou a vez de pito do cantante, jajajaja, mima que non respiro, jajajajajaj e estes son os "combatentes" galegos, jajajajajajajaj Debían estar no cárcere pero por falta de sentido do ridículo, jajajajaja.

1 Critico musical.

Estas ciumento, porque en España non tendes grupos tan bós, e por iso escoitades as bisbaladas todas.