Galicia Bilingüe leva ao Valedor un youtube no blog do Equipo de Normalización de Cuntis

O colectivo Galicia Bilingüe segue a tentar denunciar a labor de centos de Equipos de Normalización baseándose nun vídeo subido a unha bitácora non oficial. Vídeo no interior.

Por Galicia Confidencial | Cuntis | 11/10/2010 | Actualizada ás 18:24

Comparte esta noticia

O colectivo contrario á normalización do galego Galicia Bilingüe continúa a súa ofensiva contra os Equipos de Normalización Lingüística (EDNL) das escolas. A asociación de Gloria Lago presentou hoxe no Valedor do Pobo unha "denuncia concreta" contra o EDNL do centro "Don Aurelio" de Cuntis.

O cargo de GB é que no blog, que non é a páxina oficial do colexio, "aparece publicado un vídeo con un alto contenido radical" en referencia a un videoclip do grupo Skarnio.

GB pide "medidas cautelares" imposibles

Como xa explicou Galicia Confidencial, o blog "Na Lingua de todos" está na blogoteca, polo que en ningún caso a súa publicación ou eventual censura mediante "medidas cautelares" depende da Xunta, como demanda de novo Galicia Bilingüe.

Unicamente un xuíz podería tomar medidas contra el, no caso de que se probase algún delito. Tal censura debería ser aplicada en todo caso polo Youtube, que o servidor que aloxa a peza de Skarnio, unha canción pola que os seus autores nunca foron condenados por apoloxía do terrorismo ou outro delito.

Un dos seus usuarios do blog de Cuntis escribiu no verán de 2008 un post, sen alusión política algunha, no que se facía eco do próximo concerto do grupo de ská vigués, e incluíu un vídeo da banda. Na canción non se nomea a Uxío e Giana, que foron condenados pola bomba no Caixa Galicia de Santiago; cuxas fotos si saen no videoclip.

A descrición de Galicia Bilingüe dada nun comunicado, publicado só en castelán, é a seguinte: <<Se trata de un vídeo del grupo Skarnio que parece ensalzar a dos independentistas gallegos que fueron condenados por su participación en la colocación de un artefacto explosivo en una entidad bancaria en Santiago de Compostela. Se muestra la imagen de ambos y se pide su libertad, mientras suena una canción en la que no sólo se les aplaude, sino que se invita a su liberación e incluso a “luchar como ellos luchan”>>.

 

Para GB isto é un exemplo de que "numerosos equipos de normalización hacen un uso politizado de la mayoría de sus acciones referidas al idioma". Na súa campaña de criminilización dos EDNL, este colectivo  publicou un documento con "múltiples capturas y direcciones de blogs a disposición de los alumnos".

O outro blog atacado inicialmente por GB era o do EDNL do IES Felix Muriel de Rianxo. O portal Bico da Ría contiña, segundo GB, unha imaxe de "un joven portando un cocktel molotov y una frase amenazante contra las personas que pudieran participar en una manifestación que Galicia Bilingüe había convocado para febrero de 2009".

Galicia Confidencial revisou ese portal ao día seguinte da denuncia de GB e non foi quen de atopar tal imaxe. GB asegura que se retirou despois da súa denuncia. Tanto Bico da Ría como o blog de Cuntis conteñen múltiples recursos educativos sobre o idioma. Porén, GB insiste en Educación debe impedir que os alumnos os consulten. 

O inicio dunha campaña

Gloria Lago xa anunciou na asemblea deste verán que un dos obxectivos de GB no novo curso sería denunciar aos que desafiasen ao polémico "decreto do plurilingüismo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 88 comentarios

8 Manoliño

Boas noites, rapaces. Queren ser Ska-P, pero chegan tarde e non lle chegan ás solas dos zapatos aos que querían a lega-legalización, de calidad y barato :) E de normalización vai a cousa. Quen colgou ese video quere facer pasar por normal o que non o é: unha bandeira estrelada, a defensa duns terroristas, que salvo para un avogado, tería que ser delicto.

1 Daniel

Si, encima son malos de narices. Una copia cutre de Ska-p. Que inútiles

2 Porco Jones

Melhor a bandeira espanhola coa galinha negra ¿verdade Manolinho? Véseche o "plumero" feixista. A estrela vermelha é un simbolo da soberania do pobo que utilizou o mesmo Castelao no escudo que desenhou para a nosa patria. E ese senhor foi un defensor da liberdade, non coma outros "generalitos" que tí defendes.

3 Daniel

Castelao fue un jeta pintamonas que en su vida dio un palo al agua. Notorio homófobo, tuvo participación destacada en el pucherazo del referendum por el estatuto de Galicia de 1936, propio de repúblicas bananeras, lo cual lo incapacita completamente como demócrata. En sus referencias culturales no me meto pero como ensayista político era un auténtico analfabeto funcional que llegó a tener como referentes políticos a la hora de definir el concepto de nación al mismísimo Stalin, máximo genocida de la historia de la Humanidad, cosa que hace en su Sempre en Galiza. Y no, no soy fascista, cualquier bloqueiro, que por definición es de izquierdas y por tanto socialista, está mucho más cerca de ello, aparte de que la pulsión patriótica es una de las características del fascismo. Pero bueno, que sabreis los del BNG de estas sutilezas

4 Porco Jones

Moi demócrata non me pareces tí Daniel. Hai que aceptar que hai unha opción de esquerda que siguen moitos cidadáns e a estrela vermelha é un símbolo que moitos respetamos. ¿Sabes quen foi o que a prohibiu por un tempo? ¿Sabes quen consideraba ilegais os partidos de esquerda? Igual non es tan demócrata como queres aparentar, igual es deses que berran "pucherazo!!!" no momento en que os votos non lhes dan a razón. Sobre o resto.....é fácil falar dos mortos, non me parece ningún inutil un tipo que ademaís de ser médico, foi un dos grandes escritores da literatura galega, o máis grande debuxante da historia de Galiza, é un dos impulsores da identidade galega. ¿Ti que levas feito? Igual o inutil es tí.

5 Daniela

DDanielito, fachilla, pero defender a Franco sí, verdad? Esos sí eran unos intelectuales, apoyados por el mayor genocida de la historia llamado Hitler, pero que sabréis en Falange de estas sutilezas. PPor cierto, aun te recuerdo defendiendo aquí al asesino hijoputa de Millán Astray? Ya leiste el informe Batet?

6 Porco Jones

Aínda máis doado é criticar ideas do 1936 dende a óptica do 2010. Stalin era unha incógnita total naqueles anos, agora non, e non conhezo a ninguén na esquerda galega ou espanhola que aínda defenda a ese individuo. O que sí hai é moitos que aínda defenden a Franco ou a Pinochet.

7 Sra. marquesa (viuva)

O video é un escándalo. Vin os primeirossegundos e aparece unha criminal bandeira estrelada que en calquera país civilizado, debería estar prohibida. E non hai adoctrinamento, non. Non somos parvos e parvas, ho.

1 Sr Marqués (resucitado)

"Aqués que ten fama de honrados na vila roubáronme tanta brancura que eu tiña, botáronme estrume nas galas dun día, a roupa decote puñéronma en tiras. Nin pedra deixaron, en donde eu vivira; sin lar, sin abrigo, morei nas curtiñas, ó raso cas lebres dormín nas campías; meus fillos... ¡meus anxos!... que tanto eu quería, ¡morreron, morreron, ca fame que tiñan!... Mireinos con calma, i as mans estendidas, dun golpe, ¡dun soio!, deixeinos sen vida. I ó lado, contenta, senteime das vítimas, tranquila, esperando pola alba do día. I estonces... estonces, cumpreuse a xusticia: eu, neles; i as leises, na man que os ferira." Glorita leva esta de Rosalía tamén ao valedor!!

2 Porco Jones

Melhor a bandeira espanhola coa galinha negra ¿verdade Manolinho? Véseche o "plumero" feixista. A estrela vermelha é un simbolo da soberania do pobo que utilizou o mesmo Castelao no escudo que desenhou para a nosa patria. E ese senhor foi un defensor da liberdade, non coma outros "generalitos" que tí defendes.

6 CSI&GB

Flipante, agora é a isto ao que se adican estes de GB. A facer de policias e censores, investigar blogs e persoas...

5 xarope

a todo isto a música é de Skarnio, pero o vídeo é dos que calquera fai na casa e sube ao YouTube

4 Un demócrata

Los personajes a los que este grupúsculo dedican su canción hicieron barbaridades como esta en la que asesinaron a una estudiante inocente. Veinte años del sangriento atentado en la discoteca Clangor http://www.lavozdegalicia.es/galici... POR CIERTO, UN CERO PARA GALICIA CONFIDENCIAL POR REPRODUCIR ACTUACIONES QUE SON PURA APOLOGÍA DEL TERRORISMO. Si no mola Galicia Bilingüe se la puede criticar sin reproducir este tipo de contenidos que solo pueden gustar a niñatos terroristas

1 otro demócrata

Pero vamos a ver. ¿Quién denuncia el video?, ¿quién lo pesenta al Valedor?...¿Quién lo describe?... Es Galicia Bilingüe. Por lo tanto, supongo que para juzgarlo, habrá que verlo. No creo que se haga apología de nada. Luego, cada uno, puede sacar sus propias conclusiones.

2 xandasbolas

Sabedes que un demócrata é Javier Perez? de Ourense. Fascista recoñecido e admirador do primeiro reino hispano: os visigodos?

3 anitbolcheviques

Y resulta que estos mismo grupos que tocaron en ese pueblo de muertos de hambre contaron con subvenciones de la telejaita, la Diputación de Pontevedra, las consejerías de la Junta. ¡¡¡¡¡Feijóo, dimisión!!!! www.myspace.com/ofervedoiro