Galicia Bilingüe leva ao Valedor un youtube no blog do Equipo de Normalización de Cuntis

O colectivo Galicia Bilingüe segue a tentar denunciar a labor de centos de Equipos de Normalización baseándose nun vídeo subido a unha bitácora non oficial. Vídeo no interior.

Por Galicia Confidencial | Cuntis | 11/10/2010 | Actualizada ás 18:24

Comparte esta noticia

O colectivo contrario á normalización do galego Galicia Bilingüe continúa a súa ofensiva contra os Equipos de Normalización Lingüística (EDNL) das escolas. A asociación de Gloria Lago presentou hoxe no Valedor do Pobo unha "denuncia concreta" contra o EDNL do centro "Don Aurelio" de Cuntis.

O cargo de GB é que no blog, que non é a páxina oficial do colexio, "aparece publicado un vídeo con un alto contenido radical" en referencia a un videoclip do grupo Skarnio.

GB pide "medidas cautelares" imposibles

Como xa explicou Galicia Confidencial, o blog "Na Lingua de todos" está na blogoteca, polo que en ningún caso a súa publicación ou eventual censura mediante "medidas cautelares" depende da Xunta, como demanda de novo Galicia Bilingüe.

Unicamente un xuíz podería tomar medidas contra el, no caso de que se probase algún delito. Tal censura debería ser aplicada en todo caso polo Youtube, que o servidor que aloxa a peza de Skarnio, unha canción pola que os seus autores nunca foron condenados por apoloxía do terrorismo ou outro delito.

Un dos seus usuarios do blog de Cuntis escribiu no verán de 2008 un post, sen alusión política algunha, no que se facía eco do próximo concerto do grupo de ská vigués, e incluíu un vídeo da banda. Na canción non se nomea a Uxío e Giana, que foron condenados pola bomba no Caixa Galicia de Santiago; cuxas fotos si saen no videoclip.

A descrición de Galicia Bilingüe dada nun comunicado, publicado só en castelán, é a seguinte: <<Se trata de un vídeo del grupo Skarnio que parece ensalzar a dos independentistas gallegos que fueron condenados por su participación en la colocación de un artefacto explosivo en una entidad bancaria en Santiago de Compostela. Se muestra la imagen de ambos y se pide su libertad, mientras suena una canción en la que no sólo se les aplaude, sino que se invita a su liberación e incluso a “luchar como ellos luchan”>>.

 

Para GB isto é un exemplo de que "numerosos equipos de normalización hacen un uso politizado de la mayoría de sus acciones referidas al idioma". Na súa campaña de criminilización dos EDNL, este colectivo  publicou un documento con "múltiples capturas y direcciones de blogs a disposición de los alumnos".

O outro blog atacado inicialmente por GB era o do EDNL do IES Felix Muriel de Rianxo. O portal Bico da Ría contiña, segundo GB, unha imaxe de "un joven portando un cocktel molotov y una frase amenazante contra las personas que pudieran participar en una manifestación que Galicia Bilingüe había convocado para febrero de 2009".

Galicia Confidencial revisou ese portal ao día seguinte da denuncia de GB e non foi quen de atopar tal imaxe. GB asegura que se retirou despois da súa denuncia. Tanto Bico da Ría como o blog de Cuntis conteñen múltiples recursos educativos sobre o idioma. Porén, GB insiste en Educación debe impedir que os alumnos os consulten. 

O inicio dunha campaña

Gloria Lago xa anunciou na asemblea deste verán que un dos obxectivos de GB no novo curso sería denunciar aos que desafiasen ao polémico "decreto do plurilingüismo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 88 comentarios

3 rosebud

Gracias polo video, está moi ben. Na Coruña hai un home que se presenta á alcaldía que se opuxo á retirada dunha estatua dun militar golpista, que participou nun golpe de estado e era un antidemócrata. Apoloxía do franquismo chámase o delito. Haberá que metelo no caldeiro?.

1 Un demócrata

Si nos ponemos en plan histórico podríamos eliminar a la mitad de callejero. Y lo que es peor, en pleno siglo XXI en Oleiros se erigió una estatua a un hijo de puta asesino, torturador y genocida al que unos bolivianos pusieron al recaudo que se merecía.

2 Un demócrata

Bien por Galicia Bilingüe. Ahora mismo me afilio.

3 bueh

Lembra que "Mortadelo" e "Súper López" xa están pillados.Búscate outro nome para afiliarte...

4 Alfonso García

Demócrate, afíliate e faite socio da Fundación Francisco Franco, que seica está caralluda. Aznar púxolle ordenadores e todo para que poidas ver ao teu ídolo igual que les Galicia Confidencial. Vamos, patriota! A apoloxía do franquismo non é delicto, rosebud, como se demostra cada 20 de novembro. Aínda non entendestes que as leis fanas os vencedores, e os roxos pretendedes gañar a guerra agora que morreu Franquito na cama. Vaia valentes!

2 Manolo

El video es pura apología del terrorismo. Enhorabuena a mis amigos de Galicia Bilingüe

1 ...

Iba a escribir "Manoliño en 3,2,1...",et voilà!

1 anonimo

qué tipo de teima tedes de estar sacando notícias do matrimonio lago e as súas obsesións compulsivas?, e qué non hai outras novas de máis interese?

1 outroanonimo

Deixaos eu non coñecia este grupo, e agora xa o coñezo, por certo gustoume, teñen un bo son.

2 marianorajoil

Estes matrimonio de pallasos exercen de trolls oficiais dos medios progresistas. Dinamizan os fios de comentarios. Publicar paridas sobre a licores sube o ranking do site. Outros fano coa Belén Esteban