Conde inicia este mércores unha viaxe a México, tras reunirse este martes coa Cámara de Comercio de China

O conselleiro de Economía, Francisco Conde, inicia este mércores unha viaxe institucional a México, acompañado dunha trintena de empresas galegas que visitan o país en misión comercial.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/09/2017 | Actualizada ás 19:21 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O conselleiro de Economía, Francisco Conde, inicia este mércores unha viaxe institucional a México, acompañado dunha trintena de empresas galegas que visitan o país en misión comercial.

O conselleiro de Economía, Francisco Conde, no pleno
O conselleiro de Economía, Francisco Conde, no pleno | Fonte: Europa Press

Faino tras reunirse este martes con representantes da Cámara de Comercio para a Importación e Exportación de Maquinaria e Produtos Electrónicos de China, para avanzar cos contactos xa empezados na viaxe que realizou fai tres meses o presidente da Xunta a ese país.

En México, segundo informa a consellería nun comunicado de prensa, o obxectivo é fortalecer os vínculos económicos con Galicia, e abrir novas oportunidades de investimento para compañías galegas.

A Xunta busca que México estea presente na axenda exterior da industria galega e, á súa vez, que sexa orixe de novos investimentos en sectores en que Galicia destaca, como o agroalimentario, a automoción, as infraestruturas, o téxtil e as enerxías renovables.

Na viaxe, o conselleiro participará en varios encontros empresariais e de 'networking' aos que tamén asistirán firmas xa instaladas no país.

Un dos actos centrais da viaxe será a celebración do X aniversario da Unión Mexicana de empresarios galegos. Ademais, manterá diversos encontros institucionais.

CON CHINA

En canto ao encontro con representantes chineses, Economía indica que a reunión se produce en resposta á visita que o xefe do Goberno autonómico cursou á Cámara de Comercio chinesa co propósito de abrir novas vías de negocio para o tecido produtivo galego no país asiático.

Este martes, Conde destacou a vocación internacional da economía galega e a marca histórica que están a bater as exportacións. Expuxo o traballo en materia de innovación e avanzou "vantaxes" como beneficios fiscais e menos papelorio administrativo da lei de implantación empresarial, que sinala que se aprobará en outubro.

Na súa estancia en Galicia, a delegación chinesa, que conforman tamén representantes da Embaixada de China en España, terá ocasión de visitar o Porto de Vigo e os exteriores da Coruña e Ferrol, segundo indica o departamento.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta