Avistan unha balea azul preto da Illa de Ons

O Bottlenose Dolphin Research Institute (BDRI), con sede no Grove, confirmou nas súas redes sociais o avistamento dunha balea azul fronte á costa galega, a unhas 11 millas da Illa de Ons, da que publicou varias fotos.

PONTEVEDRA | 21/09/2017 | Actualizada ás 21:53 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O Bottlenose Dolphin Research Institute (BDRI), con sede no Grove, confirmou nas súas redes sociais o avistamento dunha balea azul fronte á costa galega, a unhas 11 millas da Illa de Ons, da que publicou varias fotos.

Avistan unha balea azul fronte á costa galega
Avistan unha balea azul fronte á costa galega | Fonte: Europa Press

Os investigadores estaban a realizar unha exploración para recoller datos sobre golfiños cando avistaron o cetáceo.

En declaracións á Radio Galega, recollidas por Europa Press, un investigador do centro resaltou a relevancia deste avistamento, dado que non é habitual ver esta especie na costa galega.

O exemplar avistado preto de Ons este mércores medía uns 24 metros e noutra entrada do seu perfil de Facebook, os investigadores do instituto inciden no "incrible" día vivido en "as marabillosas augas galegas".

En concreto, destacan o avistamento da balea azul, pero tamén doutras baleas de diferentes características e golfiños, entre outras especies.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta