Piden que Marcial Dorado compareza no Senado

Outro narcontraficante condenado, Laureano Oubiña, tamén figura nunha petición de relación de comparecentes na Comisión de Investigación sobre as finanzas dos partidos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 22/09/2017 | Actualizada ás 10:35

Comparte esta noticia

Unidos Podemos solicitou este mércores que dous narcotrificantes galegos con vínculos co PPdeG, Laureano Oubiña e Marcial Dorado, comparezan na Comisión de Investigación do Senado sobre o financiamento dos grupos políticos.

Nuñez Feijóo co narcotraficante e contrabandista Marcial Dorado
Nuñez Feijóo co narcotraficante e contrabandista Marcial Dorado | Fonte: El País

A confluencia reacciona así a proposta de peticións do PP, no que figuran o xornalista Eduardo Inda e varias cargos do Goberno de Venezuela. As peticións dos conservadores poden chegar a bo porto, dado que teñen a maioría na Cámara Alta.

De feito, a creación desta Comisión interpretouse como a resposta do PP á Comisión de Investigación sobre as súas finanzas no Senado. A petición de comparecencia dos narcotraficantes foi rexistrada por un senador de En Comú Podem, Óscar Guardingo. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta