Sorprenden a un condutor que se botou a durmir entre unhas matogueiras tras ter un accidente en Fisterra (A Coruña)

Un equipo de Atestados da Garda Civil de Tráfico sorprendeu na madrugada do domingo a un condutor que se botou a durmir entre unhas matogueiras tras ter un accidente co seu coche en Fisterra (A Coruña).

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/09/2017 | Actualizada ás 16:40 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un equipo de Atestados da Garda Civil de Tráfico sorprendeu na madrugada do domingo a un condutor que se botou a durmir entre unhas matogueiras tras ter un accidente co seu coche en Fisterra (A Coruña).

Tras recibir unha chamada que alertaba dun accidente de tráfico na estrada que une Cee e Fisterra, os axentes desprazáronse ao lugar e alí divisaron un turismo que estaba envorcado sobre o teito logo de impactar contra o muro dunha vivenda.

Nese momento, os membros de Atestados non atopan ao condutor do vehículo, que é localizado a 300 metros do lugar do sinistro durmindo entre unhas matogueiras.

O condutor, un home de 52 anos de idade e veciño de Corcubión, foi sometido á proba de alcoholemia, na que arroxou un resultado positivo cunha taxa de 0,76 miligramos por litro de aire aspirado.

Ademais, os axentes comprobaron que tiña o permiso de condución retirado por sentenza xudicial firme sen que realizase o curso para a recuperación da licenza.

A Garda Civil abriulle dilixencias por dous delitos, un contra a seguridade viaria por conducir baixo os efectos do alcol e outro por facelo sen dispor de licenza. O condutor enfróntase a penas de entre un e catro anos de prisión.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta