Temas: A CORUñA

A beneficiaria das irregularidades do Porto Exterior é unha empresa finiquitada con millóns de débedas a Facenda

Alatec é a beneficiaria das 11 adxudicacións directas do Porto Exterior da Coruña nos que o Tribunal de Cuentas atopou importantes irregularidades. Malia que a Autoridade Portuaria de A Coruña (APAC), tras ser cuestionada por este xornal, negouse a identificar a quen encargou estes contratos públicos, GC localizou o nome desta consultora de Las Rozas (Madrid) con importantes débedas con Facenda en documentos oficiais.

Por Manuel Vilas | Santiago de Compostela | 28/09/2017 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Nun informe deste ano, o Tribunal de Cuentas (TdC) relata que, entre 1997 e 2005, a APAC adxudicou "13 contratos ao mesmo contratista en solitario, ás súas filiais ou en UTE" e que, desas contratas, "só dúas" foron en procedemento de concurso aberto. Outras sete foron en adxudicación directa sen solicitude de máis ofertas. Ademais, o TdC engade que en dous contratos "non figura o sistema de adxudicación e en catro expedientes non se formalizou o contrato obrigatorio".

Relación de contratos da Autoridade Portuaria da Coruña a ALATEC nas alegacións ao borrador de informe ao Tribunal de Cuentas
Relación de contratos da Autoridade Portuaria da Coruña a ALATEC nas alegacións ao borrador de informe ao Tribunal de Cuentas

Segundo a documentación oficial da APAC, Alatec e as súas filiais facturaron 2,03 millóns nas obras de Punta Langosteira. A Autoridade Portuaria recoñece que máis de 672.000 euros foron mediante once contratos por “adxudicación directa”. 

Os beneficiarios deses contratos son Alatec Ingenieros Consultores y Arquitectos, unha filial súa (Alaes XXI SL) e varias unións temporais de empresas (Alatec Haskoning; Alatec, Consultrans e Prointec).  

Alatec Ingenieros Consultores y Arquitectos entrou en situación concursal  en 2014. Tras ser incapaz de resolver as súas débedas foi extinguida o ano pasado. Malia ter sido beneficiada de diñeiro público, deixou sen pagar moitísimos impostos. Na lista de grandes morosos publicada polo Ministerio de Facenda en 2015 figura que Alatec Ingenieros Consultores y Arquitectos debía máis de 1,41 millóns ao tesouro público. 

Segundo o Registro Mercantil, o seu último máximo dirixente antes do concurso de acredores foi Felix Pedro Canalejo Marcos, quen tamén foi presidente da Fundación Madrid Centro Mundial de Ingenieria, fundación constituída co apoio da Comunidade de Madrid cando estaba baixo o mando de Ignacio González (PP).

Pedro Canalejo
Pedro Canalejo | Fonte: IEF youtube

GC contactou este verán coa APAC para preguntarlle pola identidade da empresa beneficiada polas contratas con irregularidades e darlle a oportunidade de comentar as críticas publicadas polo Tribunal de Cuentas. Voceiros oficiais indicaron que esta Administración, controlada polo Estado pero na que tamén participan a Xunta e municipios da comarca, non tiña nada que dicir ao respecto.

Con todo, nas alegacións presentadas ante o Tribunal de Cuentas a Autoridade Portuaria fai unha pechada defensa destes contratos e mesmo deita dúbidas sobre as intencións reais do ente fiscalizador do Estado. “Si con esta referencia se quiere plantear alguna duda acerca de la necesidad de tales contratos, de la conveniencia de los mismos para el interés público o incluso, de la pretendida existencia de un trato de favor para un determinado contratista, creemos con todo respeto, que así debería indicarse”, asegura a APAC.

A Autoridade di que la “la actividad en materia de contratación de la APAC ha sito repetidamente supervisada sin ninguna observación al respecto”, malias as deficiencias descritas polo TdC. Unha delas, por exemplo, é que non se conserva documentación para contrastar que a oferta de Alatec era a máis barata dun concurso. A APAC alega que “se está haciendo referencia a contratos respecto de los que ni siquiera existe el deber de conservar documentación” e que son expedientes de hai 20 anos ou “dos lustros”. 

O Porto de Coruña indicou nas súas alegacións que “todos los contratos se han celebrado de acuerdo con el procedimiento aplicable a la fecha de celebración” e que “los trabajos se han encomendado en la medida en que han surgido la necesidad” polo que era “difícil” prever que ían ser necesario máis traballos despois.

Ademais, a Autoridade Portuaria cualifica a Alatec, extinguida por impagos e parte da lista de morosos máis importante do Estado, de empresa punteira e referente no seu sector.

Buque que atracou en Langosteira
Buque que atracou en Langosteira
Temas: A CORUñA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 forappeirosladrons

non pasa nada, que sigan a roubar todo o que queren; mentras non o garden en urnas xa que poden mandarlles a garda civil. Panda de fachas ladrons

2 pranas

O grave e que Feijoo permíteo...menuda....

1 trino

Será el vice , siempre estáis atacando a Feijoo que no se entera de nada .

1 pincho

Eso que importancia tiene...donde se mueve dinero es en los proyectos adjudicados por infraestructuras agrarias y redactados a título privado por personal de la consellería o ex-empleados afiliados a el partido.