O fotoxornalista Miguel Núñez será os ollos de GC no referendo de independencia catalán

O fotógrafo vigués trasládase a Barcelona para cubrir como colaborador "freelance" neste xornal o que aconteza esta fin de semana antes, durante e despois do 1-O.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 29/09/2017 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O fotógrafo vigués Miguel Núñez trasládase esta fin de semana a Cataluña, onde cubrirá como colaborador freelance estas transcendentais xornadas para o futuro de Cataluña. Dende Barcelona, o fotoxornalista será os ollos deste xornal para visualizar o que acontece antes, durante e despois do referendo de independencia que pretenden realizar as forzas independentistas catalás, coa oposición do Goberno central.

O fotógrafo Miguel Núñez
O fotógrafo Miguel Núñez | Fonte: Ernesto Ilkerman.

Coa presenza de Núñez en Barcelona, GC pretende aportar unha visión singular e independente, en imaxes, do que aconteza estes días na capital catalá. As súas crónicas en imaxes comporán o arquivo visual dun momento histórico para Cataluña, pero tamén para o nacionalismo no Estado español. 

A particular ollada de Núñez á realidade, sempre procurando o detalle singular, o elemento informativo, a esencia humana, a pílula poética e a composición artística, tentará captar eses momentos, lugares, persoas, situacións e elementos que ilustren o que se vai vivir esta fin de semana no país catalán. "Nun  momento tan crucial e histórico coma este, hai que estar aí", comenta o fotógrafo vigués, colaborador habitual deste xornal. 

COLABORACIÓNS

Núñez xa ten cuberto para GC acontecementos e feitos tan salientables, entre outros, como a folga xeral de 2012, as Marchas da Dignidade cara a Madrid, en 2014, seguindo a columna galega, as manifestacións en defensa da sanidade e da educación pública en Galicia ou as dos indignados do 15M. Tamén se desprazou a León e Asturias para baixar ás minas e mostrarnos o conflito do carbón, e viaxou a Grecia para mostrar a través de GC o drama dos refuxiados amoreados no campo de Idomeni, traballo que logo levou a unha exposición.

Fotógrafo freelance, tamén ten colaborado con outros medios como Faro de Vigo, A Nosa Terra, Qué!, 20 Minutos, La Voz de Galicia, Atlántico Diario, El País ou Vigoe, e ten contribuido co seu traballo á ONG Agareso (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios), coa que viaxou a África e América.

Miguel Núñez recibiu o Premio Novos Valores 2009 da Deputación de Pontevedra en 2010, foi finalista da Bienal Internacional de Vila Nova de Cerveira 2015 e ten exposto o seu traballo en Vigo, Compostela, Tui, Portugal, entre outros méritos artísticos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Baleazulgalegapacifista

Por certo, quixera preguntarvos algo: coma se lle pode chamar a un ser humano "fallido" ou afirmar que se "fabrican": http://www.libertaddigital.com/cult... Son días de moita tristura e incertidume para min... Por favor, que nunca máis se fale de seres humanos "fallidos". Pero a onde estamos indo? Coma se pode dicir isto tan terrible de nenos e adolescentes? En verdade, pregunto: estades de acordo con quen fala de seres humanos "fallidos" "

1 Dígocho eu

Dígocho eu, tendo miola nos miolos... ou ao mellor sendo un "ser humano fallido" de seu.

1 Baleaazulgalega