As columnas galegas da dignidade toman Madrid nunha xornada histórica

Miles de galegos participan nunha marea de 2,5 millóns, segundo a organización das marchas. VÍDEO e FOTOS. Dous xornalistas de GC, identificados pola Policía.

Por Alberto Quian | Madrid | 22/03/2014 | Actualizada ás 13:41

Comparte esta noticia

Miles de galegos marcharon hoxe por Madrid canda centos de miles de cidadáns de todo o Estado nas Marchas da Dignidade. Segundo os organizadores, foron 2,5 millóns de persoas as que participaron nesta masiva manifestación "contra a ditadura dos mercados" e polo dereito a "pan, teito e traballo".

Manifestantes galegos pasan diante do Bernabeu
Manifestantes galegos pasan diante do Bernabeu | Fonte: Miguel Núñez

Sobre a unha da tarde chegaban á capital de España centos de galegos en autobuses, trens e coches particulares. A columna galega concentrouse primeiro en Praza Castilla, no norte de Madrid, dende onde se dirixiron cara a estación de Atocha, lugar de reunión de todas as columnas chegadas de todo o Estado.

A columna galega foi escoltada pola Castellana por un pequeno grupo de policías locais que os dirixiron por unha marxe desta arteria madrileña e no que se atopa o centro financeiro do Estado. A música galega marcou o paso dos manifestantes nun ambiente festeiro e á vez reivindicativo, ao seu paso por símbolos da Vila de Madrid, como as torres Kio ou o estadio Santiago Bernabeu, por onde soou a Rianxeira. Algúns veciños madrileños se asomaron a fiestras, balcóns e portais para aplaudir e apoiar aos galegos.

A Plataforma Galega da Marcha da Dignidade estivo integrada por sindicatos minoritarios, Stop Desafiuzamentos, diferentes grupos políticos —entre eles a Fronte Popular Galega, Anova, EU e Espazo Ecosocialista, o movemento 15M, así como distintas asociacións veciñais—. Alí estaban, por exemplo, Yolanda Díaz (EU), Martiño Noriega (Anova), Manolo Camaño (CUT) ou Mariano Abalo (FPG).

O obxectivo, comentaron os manifestantes, é "unir forzas de esquerdas" en protesta contra as "políticas da troika" e a "ditadura dos mercados".

A música galega marcou o paso da Marcha da Dignidade na Castellana
A música galega marcou o paso da Marcha da Dignidade na Castellana | Fonte: Miguel Núñez

A masiva manifestación comezou ás cinco da tarde, cun paso lento debido á morea de cidadáns que apoiaron e participaron nesta xornada de reivindicación e castigo ás políticas de recortes do Goberno español. Bandeiras de Galicia, Cataluña, País Vasco, Andalucía, Castela e León, Asturias, Comunitat Valenciana, Aragón... mesturáronse coa tricolor republicana e algunhas dos sindicatos non maioritarios (nin UGT nin CCOO nin CIG tiveron protagonismo nesta marea, malia que si había sindicalistas destas organizacións que se descolgaron dos posicionamentos oficiais e se vincularon a título persoal con esta manifestación, xa histórica aínda que acalada por moitos medios dominantes). Foron miles de bandeiras, pancartas e carteis que debuxaron un enorme mosaico de cores e xentes de distintas culturas, idades e condicións.Todas as linguas do Estado estiveron en Madrid cun mesmo berro, o da indignación.

Forte dispositivo policial

O Goberno activou un forte e desmesurado dispositivo policial, con 1.700 axentes ao longo do percorrido e que blindaron o Parlamento español e a sede do PP na rúa Génova, a poucos metros do final da manifestación, na Praza de Colón. En Génova pediuse a dimisión do equipo de Goberno e recriminouse aos antidisturbios a protección que co diñeiro público se lle presta a "uns mafiosos", berraban os manifestantes, que eran gravados con cámaras de vídeo por axentes da Policía Nacional.

A escritora Xina Vega foi a encargada de ler na Praza de Colón o manifesto galego da Marcha da Dignidade, canda outros compañeiros e representantes das distintas autonomías do Estado.

Por outro lado, os municipios da periferia madrileña foron esta mañá testemuñas de excepción da última etapa das diferentes columnas da Marcha pola Dignidade.

Algunhas columnas denunciaron en comunicado de prensa que "a Garda Civil está a reter sistematicamente os autobuses que se aproximan a Madrid" e que até o momento eran xa "cen os autocares que sufriron retencións", o que podería xerar atrasos no comezo da protesta.

"Espero que esta tarde sexamos máis dun millón de persoas", vaticinaban algúns dos participantes. "É unha protesta horizontal que representa todas as loitas que se levaron a cabo durante os últimos anos", sinalaban.

Identificación de xornalistas

Sobre as 21.30 horas comezaron a chegar á estación de Chamartín parte dos manifestantes galegos. O tren tiña previsto saír ás 22.45 horas. Poucos minutos antes, seis axentes da Policía Nacional se persoaron na plataforma desde a que ían saír os galegos e alí identificaron e intimidaron a dous xornalistas de GC, que estaban cubrindo o regreso da columna galega e tomando fotos dos manifestantes nas que tamén aparecían os policías presentes no andén.

Ademais, algúns dos participantes na marcha denunciaron a este xornal previamente que os policías lles estaban obrigando a pregar ou gardar bandeiras e outros símbolos galegos nesta estación de trens.

Imaxes da Marcha da Dignidade

Fotogalería I 

Fotogalería II

Autor: Miguel Núñez

E este é o avance duha reportaxe audiovisual para o GC:

Bandeiras galegas coas torres Kio de fondo
Bandeiras galegas coas torres Kio de fondo | Fonte: Miguel Núñez
Chegada a Chamartín da columna galega
Chegada a Chamartín da columna galega | Fonte: Miguel Núñez
Miles de bandeiras deron cor á Marcha da Dignidade
Miles de bandeiras deron cor á Marcha da Dignidade | Fonte: Miguel Núñez
Representación galega na marea que percorreu Madrid contra a ditadura dos mercados
Representación galega na marea que percorreu Madrid contra a ditadura dos mercados | Fonte: Miguel Núñez
Martiño Noriega (Anova), Iolanda Díaz (EU) e Mariano Abalo (FPG), na Marcha da Dignidade en Madrid
Martiño Noriega (Anova), Iolanda Díaz (EU) e Mariano Abalo (FPG), na Marcha da Dignidade en Madrid | Fonte: Miguel Núñez
Veciños de Madrid aplauden desde un balcón na zona de Praza Castilla á columna galega que participou na Marcha da Dignidade
Veciños de Madrid aplauden desde un balcón na zona de Praza Castilla á columna galega que participou na Marcha da Dignidade | Fonte: Miguel Núñez
Un forte dispositivo policial para blindar a sede do PP na rúa Génova
Un forte dispositivo policial para blindar a sede do PP na rúa Génova | Fonte: Miguel Núñez
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 78 comentarios

35 reginodelapena

È moi posibel que "moitisimos nacionalista galegos"foran a Madrid,estou ledo pois a vindeira DIA DA PATRIA GALEGA imos ter outra grande manifestacion que se engadira as do BNG e NOS.Tempus fugit dixo o outro,xullo presentase aco rapidamente e poderemos comprobar cantos nacionalistas "dos outros" patearan as ruas de Compostela.

1 Regino das Pena

Con que asistan os de NOS-UPG xa enchen a Praza da Quintana, e se non poñedes o estrado pegado ás escaleiras da casa da Parra e xa podedes decir que había 20.000 persoas

34 Coruñés

Eu estou contento de que o povo español se manifeste contra o seu goberno, e canta mais españois saian saian a rua millor. Agora eu non entendo a mania de muitos galegos que en vez de consolidar dinámicas nacionais volven a ir ao rego do españolismo. Procurade a postura do sindicato basco LAB desmarcandose da convocatoria e entenderedes porque muitos galegos non nos consideramos parte de esta movilización. http://www.insurgente.org/index.php...

33 Emilio Ramero

Que colunas galegas nem que caráfio? Ou seja, que os 200 de turno da CIG que se desprazaram resulta que "tomaron" Madrid? Onde vos regalaram o título de jornalistas?

1 Testemuña sorpresa

...pero si a CIG non participou !!!

2 Antolinmeraparrachopintos

Non participou a cúpula da CIG ( NOS-UPG, MOVEMENTO POLA BASE DE COTIZACIÓN) pero moitos e moitas afiliados e afiliadas da CIG si participaron

3 Eu si estive

@s da CIG só vão quando manda pp-bngá. E não não se viróm por alá.

32 Copleando

Non perdades o tempo a contestarlle a estes sen patria do BNUPG. Non merece a pena. Tamén cando fomos a Madrid polo Prestige fomos "recuperar o xénero da gallegada e cantar as vellas coplas como: soy gaiteiriño y vengo de Lugo", como di un por aí. "Pásoo moi ben escoitando "La del manojo de Rosas". http://www.lavozdegalicia.es/hemero... Iso dixoo un tal don Paco I da UPG e da Galiza pola graza dos upegalliños. Xa sabedes, as coplas están de moda entre os da seita. Pena que non viñeran a Madrid. Ían facer todo un recital co aplauso selecto dos compañeiros andaluces.

31 En Madrid, creo

Non había xente, tampouco había galegos, non había vascos, nin cataláns, ná de naá. Eu son galega e fun en autobús, eses que se puxeron en cidades e vilas galegas ademais do tren e a xente que foi en vehículos particulares, pero se vós o decides tampouco fun. Xa están feitos os cálculos 1 millon dúascentas mil persoas mínimo. A maioría dos marcha galega non puidemos pasar das inmediacións do Pardo, pero se vós decides que non, pois non. https://www.youtube.com/watch?v=CkJ...

1 En Madrid, creo

Perdón, das inmediacións do Prado.

2 rassing

En Madrid habia muita gente, galeg@s, basc@os e catalans incluidos. O que non entendo é certa mania de inflar as cifras mais alá do fisicamente posible. Nen nos 3000 m2 da Quintana collen 20.000 persoas; nen nos 230.000 m2 do percorrido de Madrid collen 1 millón duascentas mil. E reduzir o debate a cantas persoas habia é ser bastante cortos de miras, tanto para uns como para os outros.

3 En Madrid.

Ademais do percorrido, á hora da manifa enchéronse todas as rúas e avenidas lindantes coa xente do pobo de Madrid que non podía acceder ao percorrido do que alí había. Estaban as bocas de metro cheas de xente para incorporase, etc. Tamén houbo moita xente das marchas que entraron en madrid que nin sequera puideron facer o percorrido da manifa. Eu estiven alí, e vin o que vin e agora vexo todos os videos e fotos e se ve o que se ve. Tristemente hai que quería que fose un fracaso, tiñan máis interese niso que os que nos gobernan.

4 rassing

Dacordo, na Quintana collen 40.000 porque hai xente que non chega a entrar nela. E precisamente, se houbese un millón de persoas e ti estiveras alí, non verias nen 1/100 parte desa manifestación. Mais nada, tes razón, o porco enteiro para ti.