As columnas galegas da dignidade toman Madrid nunha xornada histórica

Miles de galegos participan nunha marea de 2,5 millóns, segundo a organización das marchas. VÍDEO e FOTOS. Dous xornalistas de GC, identificados pola Policía.

Por Alberto Quian | Madrid | 22/03/2014 | Actualizada ás 13:41

Comparte esta noticia

Miles de galegos marcharon hoxe por Madrid canda centos de miles de cidadáns de todo o Estado nas Marchas da Dignidade. Segundo os organizadores, foron 2,5 millóns de persoas as que participaron nesta masiva manifestación "contra a ditadura dos mercados" e polo dereito a "pan, teito e traballo".

Un forte dispositivo policial para blindar a sede do PP na rúa Génova
Un forte dispositivo policial para blindar a sede do PP na rúa Génova | Fonte: Miguel Núñez

Sobre a unha da tarde chegaban á capital de España centos de galegos en autobuses, trens e coches particulares. A columna galega concentrouse primeiro en Praza Castilla, no norte de Madrid, dende onde se dirixiron cara a estación de Atocha, lugar de reunión de todas as columnas chegadas de todo o Estado.

A columna galega foi escoltada pola Castellana por un pequeno grupo de policías locais que os dirixiron por unha marxe desta arteria madrileña e no que se atopa o centro financeiro do Estado. A música galega marcou o paso dos manifestantes nun ambiente festeiro e á vez reivindicativo, ao seu paso por símbolos da Vila de Madrid, como as torres Kio ou o estadio Santiago Bernabeu, por onde soou a Rianxeira. Algúns veciños madrileños se asomaron a fiestras, balcóns e portais para aplaudir e apoiar aos galegos.

A Plataforma Galega da Marcha da Dignidade estivo integrada por sindicatos minoritarios, Stop Desafiuzamentos, diferentes grupos políticos —entre eles a Fronte Popular Galega, Anova, EU e Espazo Ecosocialista, o movemento 15M, así como distintas asociacións veciñais—. Alí estaban, por exemplo, Yolanda Díaz (EU), Martiño Noriega (Anova), Manolo Camaño (CUT) ou Mariano Abalo (FPG).

O obxectivo, comentaron os manifestantes, é "unir forzas de esquerdas" en protesta contra as "políticas da troika" e a "ditadura dos mercados".

Veciños de Madrid aplauden desde un balcón na zona de Praza Castilla á columna galega que participou na Marcha da Dignidade
Veciños de Madrid aplauden desde un balcón na zona de Praza Castilla á columna galega que participou na Marcha da Dignidade | Fonte: Miguel Núñez

A masiva manifestación comezou ás cinco da tarde, cun paso lento debido á morea de cidadáns que apoiaron e participaron nesta xornada de reivindicación e castigo ás políticas de recortes do Goberno español. Bandeiras de Galicia, Cataluña, País Vasco, Andalucía, Castela e León, Asturias, Comunitat Valenciana, Aragón... mesturáronse coa tricolor republicana e algunhas dos sindicatos non maioritarios (nin UGT nin CCOO nin CIG tiveron protagonismo nesta marea, malia que si había sindicalistas destas organizacións que se descolgaron dos posicionamentos oficiais e se vincularon a título persoal con esta manifestación, xa histórica aínda que acalada por moitos medios dominantes). Foron miles de bandeiras, pancartas e carteis que debuxaron un enorme mosaico de cores e xentes de distintas culturas, idades e condicións.Todas as linguas do Estado estiveron en Madrid cun mesmo berro, o da indignación.

Forte dispositivo policial

O Goberno activou un forte e desmesurado dispositivo policial, con 1.700 axentes ao longo do percorrido e que blindaron o Parlamento español e a sede do PP na rúa Génova, a poucos metros do final da manifestación, na Praza de Colón. En Génova pediuse a dimisión do equipo de Goberno e recriminouse aos antidisturbios a protección que co diñeiro público se lle presta a "uns mafiosos", berraban os manifestantes, que eran gravados con cámaras de vídeo por axentes da Policía Nacional.

A escritora Xina Vega foi a encargada de ler na Praza de Colón o manifesto galego da Marcha da Dignidade, canda outros compañeiros e representantes das distintas autonomías do Estado.

Por outro lado, os municipios da periferia madrileña foron esta mañá testemuñas de excepción da última etapa das diferentes columnas da Marcha pola Dignidade.

Algunhas columnas denunciaron en comunicado de prensa que "a Garda Civil está a reter sistematicamente os autobuses que se aproximan a Madrid" e que até o momento eran xa "cen os autocares que sufriron retencións", o que podería xerar atrasos no comezo da protesta.

"Espero que esta tarde sexamos máis dun millón de persoas", vaticinaban algúns dos participantes. "É unha protesta horizontal que representa todas as loitas que se levaron a cabo durante os últimos anos", sinalaban.

Identificación de xornalistas

Sobre as 21.30 horas comezaron a chegar á estación de Chamartín parte dos manifestantes galegos. O tren tiña previsto saír ás 22.45 horas. Poucos minutos antes, seis axentes da Policía Nacional se persoaron na plataforma desde a que ían saír os galegos e alí identificaron e intimidaron a dous xornalistas de GC, que estaban cubrindo o regreso da columna galega e tomando fotos dos manifestantes nas que tamén aparecían os policías presentes no andén.

Ademais, algúns dos participantes na marcha denunciaron a este xornal previamente que os policías lles estaban obrigando a pregar ou gardar bandeiras e outros símbolos galegos nesta estación de trens.

Imaxes da Marcha da Dignidade

Fotogalería I 

Fotogalería II

Autor: Miguel Núñez

E este é o avance duha reportaxe audiovisual para o GC:

Martiño Noriega (Anova), Iolanda Díaz (EU) e Mariano Abalo (FPG), na Marcha da Dignidade en Madrid
Martiño Noriega (Anova), Iolanda Díaz (EU) e Mariano Abalo (FPG), na Marcha da Dignidade en Madrid | Fonte: Miguel Núñez
Representación galega na marea que percorreu Madrid contra a ditadura dos mercados
Representación galega na marea que percorreu Madrid contra a ditadura dos mercados | Fonte: Miguel Núñez
Miles de bandeiras deron cor á Marcha da Dignidade
Miles de bandeiras deron cor á Marcha da Dignidade | Fonte: Miguel Núñez
Chegada a Chamartín da columna galega
Chegada a Chamartín da columna galega | Fonte: Miguel Núñez
Bandeiras galegas coas torres Kio de fondo
Bandeiras galegas coas torres Kio de fondo | Fonte: Miguel Núñez
A música galega marcou o paso da Marcha da Dignidade na Castellana
A música galega marcou o paso da Marcha da Dignidade na Castellana | Fonte: Miguel Núñez
Manifestantes galegos pasan diante do Bernabeu
Manifestantes galegos pasan diante do Bernabeu | Fonte: Miguel Núñez
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 78 comentarios

5 Coruñés

Aos galegos non se nos perdeu nada en Madrid, dito isto alegrome que o povo español se manifeste contra os recortes, a vez que espero que sexan solidarios co direito da Galiza a independizarse de España. Da mesma maneira que os españois respetuosos non se manifestan na Galiza, e fano como apoio as nosas causas, nos devemos ir a España a manifestar o noso apoio as suas causas.

4 Farlopeiro

Un gran día camaradas

3 Juan Carlos

Perroflautas sin más interés en sus vidas que montar escándalos y tirar piedras. Viva España, viva el Rey, viva el Orden y la Ley.

1 chinclan del swing

e viva a tua p... nai

2 xan

non sei que carallo fan os fachas eiki, non teran canles dos seus onde ir, via espanha jjaaj que e espanha??????, viva o rei, que viva un corrupto???????, viva a orde e a ley, cal a sua orde a a sua lei?????? en que pais vives?????, por certo chinclan que viva tamen a tua .......

3 uncalquera

Creo que con esta frase "Viva España, viva el Rey, viva el Orden y la Ley." marca a súa retranca por un vídeo de quinquis no YouTube. Se o di de verdade, non dubidaría que sería un pobre infeliz, amargado e quinqui. Iso si, o de Ucraína os medios de estremadereita SI o apoiaron, isto non. Vaia, vaia...

4 galegoexiliado

Non lle fagades moito caso. Non é mais que un resentido porque non o levaron a Madriz a mallar obreiros, cobrando dietas, a pesares do moito que se esforzou o outro día mallando nos mariñeiros.

2 negrasombra

E quen decidiu en Anova participar desa marcha?? A nova Permanente pola súa conta? Iso si que é aparato. Polo visto a Coordinadora Nacional no decidiu tal cousa. A PERMEABILIDADE de Martiño ...

1 Chapeu tapacalvas

Si que e raro que ao Golfiño Sucesor non se lle vexa casi en mobilizacions galegas e agora vaia a Madrí cos que nos venderon CC OO e UGTT andara buscando un soldo que agora e soio mileurista como todos os de Anova JAJAJAJA

1 raileighh

E onde estaba o BoÑiGa?

1 Galiza

No seu país.

2 Un canto a Galicia Jei

Onte protestando contra a visita do príncipe de Ejpaña á Galiza. E ti? Esperando a que empece o fútbol?