As columnas galegas da dignidade toman Madrid nunha xornada histórica

Miles de galegos participan nunha marea de 2,5 millóns, segundo a organización das marchas. VÍDEO e FOTOS. Dous xornalistas de GC, identificados pola Policía.

Por Alberto Quian | Madrid | 22/03/2014 | Actualizada ás 13:41

Comparte esta noticia

Miles de galegos marcharon hoxe por Madrid canda centos de miles de cidadáns de todo o Estado nas Marchas da Dignidade. Segundo os organizadores, foron 2,5 millóns de persoas as que participaron nesta masiva manifestación "contra a ditadura dos mercados" e polo dereito a "pan, teito e traballo".

Un forte dispositivo policial para blindar a sede do PP na rúa Génova
Un forte dispositivo policial para blindar a sede do PP na rúa Génova | Fonte: Miguel Núñez

Sobre a unha da tarde chegaban á capital de España centos de galegos en autobuses, trens e coches particulares. A columna galega concentrouse primeiro en Praza Castilla, no norte de Madrid, dende onde se dirixiron cara a estación de Atocha, lugar de reunión de todas as columnas chegadas de todo o Estado.

A columna galega foi escoltada pola Castellana por un pequeno grupo de policías locais que os dirixiron por unha marxe desta arteria madrileña e no que se atopa o centro financeiro do Estado. A música galega marcou o paso dos manifestantes nun ambiente festeiro e á vez reivindicativo, ao seu paso por símbolos da Vila de Madrid, como as torres Kio ou o estadio Santiago Bernabeu, por onde soou a Rianxeira. Algúns veciños madrileños se asomaron a fiestras, balcóns e portais para aplaudir e apoiar aos galegos.

A Plataforma Galega da Marcha da Dignidade estivo integrada por sindicatos minoritarios, Stop Desafiuzamentos, diferentes grupos políticos —entre eles a Fronte Popular Galega, Anova, EU e Espazo Ecosocialista, o movemento 15M, así como distintas asociacións veciñais—. Alí estaban, por exemplo, Yolanda Díaz (EU), Martiño Noriega (Anova), Manolo Camaño (CUT) ou Mariano Abalo (FPG).

O obxectivo, comentaron os manifestantes, é "unir forzas de esquerdas" en protesta contra as "políticas da troika" e a "ditadura dos mercados".

Veciños de Madrid aplauden desde un balcón na zona de Praza Castilla á columna galega que participou na Marcha da Dignidade
Veciños de Madrid aplauden desde un balcón na zona de Praza Castilla á columna galega que participou na Marcha da Dignidade | Fonte: Miguel Núñez

A masiva manifestación comezou ás cinco da tarde, cun paso lento debido á morea de cidadáns que apoiaron e participaron nesta xornada de reivindicación e castigo ás políticas de recortes do Goberno español. Bandeiras de Galicia, Cataluña, País Vasco, Andalucía, Castela e León, Asturias, Comunitat Valenciana, Aragón... mesturáronse coa tricolor republicana e algunhas dos sindicatos non maioritarios (nin UGT nin CCOO nin CIG tiveron protagonismo nesta marea, malia que si había sindicalistas destas organizacións que se descolgaron dos posicionamentos oficiais e se vincularon a título persoal con esta manifestación, xa histórica aínda que acalada por moitos medios dominantes). Foron miles de bandeiras, pancartas e carteis que debuxaron un enorme mosaico de cores e xentes de distintas culturas, idades e condicións.Todas as linguas do Estado estiveron en Madrid cun mesmo berro, o da indignación.

Forte dispositivo policial

O Goberno activou un forte e desmesurado dispositivo policial, con 1.700 axentes ao longo do percorrido e que blindaron o Parlamento español e a sede do PP na rúa Génova, a poucos metros do final da manifestación, na Praza de Colón. En Génova pediuse a dimisión do equipo de Goberno e recriminouse aos antidisturbios a protección que co diñeiro público se lle presta a "uns mafiosos", berraban os manifestantes, que eran gravados con cámaras de vídeo por axentes da Policía Nacional.

A escritora Xina Vega foi a encargada de ler na Praza de Colón o manifesto galego da Marcha da Dignidade, canda outros compañeiros e representantes das distintas autonomías do Estado.

Por outro lado, os municipios da periferia madrileña foron esta mañá testemuñas de excepción da última etapa das diferentes columnas da Marcha pola Dignidade.

Algunhas columnas denunciaron en comunicado de prensa que "a Garda Civil está a reter sistematicamente os autobuses que se aproximan a Madrid" e que até o momento eran xa "cen os autocares que sufriron retencións", o que podería xerar atrasos no comezo da protesta.

"Espero que esta tarde sexamos máis dun millón de persoas", vaticinaban algúns dos participantes. "É unha protesta horizontal que representa todas as loitas que se levaron a cabo durante os últimos anos", sinalaban.

Identificación de xornalistas

Sobre as 21.30 horas comezaron a chegar á estación de Chamartín parte dos manifestantes galegos. O tren tiña previsto saír ás 22.45 horas. Poucos minutos antes, seis axentes da Policía Nacional se persoaron na plataforma desde a que ían saír os galegos e alí identificaron e intimidaron a dous xornalistas de GC, que estaban cubrindo o regreso da columna galega e tomando fotos dos manifestantes nas que tamén aparecían os policías presentes no andén.

Ademais, algúns dos participantes na marcha denunciaron a este xornal previamente que os policías lles estaban obrigando a pregar ou gardar bandeiras e outros símbolos galegos nesta estación de trens.

Imaxes da Marcha da Dignidade

Fotogalería I 

Fotogalería II

Autor: Miguel Núñez

E este é o avance duha reportaxe audiovisual para o GC:

Martiño Noriega (Anova), Iolanda Díaz (EU) e Mariano Abalo (FPG), na Marcha da Dignidade en Madrid
Martiño Noriega (Anova), Iolanda Díaz (EU) e Mariano Abalo (FPG), na Marcha da Dignidade en Madrid | Fonte: Miguel Núñez
Representación galega na marea que percorreu Madrid contra a ditadura dos mercados
Representación galega na marea que percorreu Madrid contra a ditadura dos mercados | Fonte: Miguel Núñez
Miles de bandeiras deron cor á Marcha da Dignidade
Miles de bandeiras deron cor á Marcha da Dignidade | Fonte: Miguel Núñez
Chegada a Chamartín da columna galega
Chegada a Chamartín da columna galega | Fonte: Miguel Núñez
Bandeiras galegas coas torres Kio de fondo
Bandeiras galegas coas torres Kio de fondo | Fonte: Miguel Núñez
A música galega marcou o paso da Marcha da Dignidade na Castellana
A música galega marcou o paso da Marcha da Dignidade na Castellana | Fonte: Miguel Núñez
Manifestantes galegos pasan diante do Bernabeu
Manifestantes galegos pasan diante do Bernabeu | Fonte: Miguel Núñez
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 78 comentarios

25 reginodelapena

A diinidade da Galiza seria que :ASTANO voltara a ter 10000 traballadores.Os 15000 marilleiros que tripulaban a terceira flota pesqueira mundial,traballando de novo.As 80.000 esplotacios gandeiras arrasadas,voltando a producion dos anos oitenta.Os 20000 mariñeiros da mercante embarcados de novo.As siderurxicas producindo o que puideren vender en libre competencia,pagando pola enerxia que consumen,producida na Galiza,precios razoables.Eliminacion do canon de transporte da electricidade pra os galegos que temos que aturar todolos inconvintes da sua xeracion sin nada en troques.Que as caixas galegas,propiedade do pobo,foran da Galiza,servindose delas unicamente os intereses de Galiza....Tudo isto solucionaria tudolos problemas de paro da nosa terra i como consecuenza desaparecerian todalas lacras que arruinan a Galiza.Nada desto ia na mochila revindicativa de La Marcha por la Dignidad.Coma sempre Galiza esquencida.

1 Rosendo

Que Astano tivese 10.000 traballadores, pero sendo privado como defendía o BNG

2 Si Rosendo

Esa era a excusa de IU e PSOE para mantelo pechado que mellor pechado publico e subcontratando todo ás compañias privadas que privado traballando

3 Testemuña sorpresa

Público coma quería Yolandita...iso si, a cambio de non ter ninguén traballando

4 Peixe??? onde vai!!

15000 mariñeiros ARRASANDO os mares de outros lugares que non os poden explotar... debería darnos vergoña. Que nos botan de todas partes, entérate! As explotación están producindo records de leite grazas á modernidade e á competitividade que tu tanto estás defendendo neste comentario. Eso si só quedan o 20% das granxas, "moi competitivas". 20000 mariñeiros da mercante cando eramos o 3º mundo e cobrábamos pouco e os indonesios non sabían ler. A loita hai que dala en todos os frentes e non mirarse o embigo sempre pensando que en Galiza "somos os mais mellores, e ao carallo" que así nos vai!

24 Cranial

2'5 millóns? Vós que vos metedes?

23 Pastelao

Eu acredito que calculáchedes mal. Para mim que houvo 13'5 milhões de participantes (embora a policia local dissesse que eram uns 40.000). E sim, efetivamente, de eles, uns três milhões eram galegos. Já dizia eu que as vilas galegas estavam vazias. Seguide assim, com essa objectividade, que lhe vai muito bem ao nacionalismo galego.

22 Perico Pallotti

Alguén podería racionar o viño aquí aos compañeiros da UPG, ou trocar a medicación, porque, a verdade, xa non se entende a metade do que escriben.

1 Que si tio

Outro zumbado co tema delaupegá. Todo e culpa delaupegá

2 Perico Pallotti

¿Ves como escribides fatal? Repetir consignas tamén pode facerse respetando a sintaxe. Ánimo aí.

21 Perico Pallotti

Alguén podería racionar o viño aquí aos compañeiros da UPG, ou trocar a medicación, porque, a verdade, xa non se entende a metade do que escriben.