O PSOE esixe axudas "inmediatas" para a "gravísima" seca en Ourense fronte a "propostas de sofá" de Baltar

O PSOE da Deputación de Ourense esixiu axudas "inmediatas" para a "gravísima" seca que "arrasa" o agro, fronte a "propostas de sofá, pastas e té" que atribúen ao presidente do organismo provincial, Manuel Baltar.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/10/2017 | Actualizada ás 17:38 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O PSOE da Deputación de Ourense esixiu axudas "inmediatas" para a "gravísima" seca que "arrasa" o agro, fronte a "propostas de sofá, pastas e té" que atribúen ao presidente do organismo provincial, Manuel Baltar.

Fraga, segundo pola esquerda
Fraga, segundo pola esquerda | Fonte: Europa Press

Os socialistas, que xa reclamaron no pleno provincial do mes de xuño un plan de axudas ante a falta de choiva, visitaron este venres a gandeiros e agricultores da comarca de Viana, unha das máis afectadas.

Alí, mantiveron un encontro con representantes de Unións Agrarias (UU.AA.) e visitado as explotacións máis prexudicadas, tras o que cargaron contra Baltar, que, ao seu xuízo, ata agora, "o único que fixo para frear a seca foi facerse fotos á hora do té nos sofás da Deputación".

O portavoz provincial do PSdeG-PSOE, Francisco Fraga, criticou a "inoperancia" do PP ante unha cuestión "fundamental que lle está explotando na cara aos produtores afectados".

"É necesaria a implicación da administración. Imos reclamar medidas que pasan por axudas inmediatas na Xunta de Galicia e na Deputación", subliñou.

"Non é capricho porque se o gando nin come nin bebe, morre", advertiu. Respecto diso, Fraga avisou de que esta situación "non admite espera".

Tamén participaron esta xornada na visita o alcalde de Petín e deputado Miguel Bautista, e o tenente de alcalde de Viana, Santiago Barja.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta