O Grupo Indukern, fundadado por un monfortino, tamén saca a súa sede social de Cataluña

A compañía trasládase a Madrid pola situación de inseguridade xurídica. José Luís Díaz-Varela viviu na localidade lucense os seus primeiros anos, estudou na Coruña e emigrou mozo coa súa familia a Venezuela

Por E.P. | Santiago de Compostela | 11/10/2017 | Actualizada ás 12:24

Comparte esta noticia

O Grupo Indukern, fundado polo monfortino José Luís Díaz-Varela, decidiu trasladar a Madrid a súa sede social, actualmente situada no Prat de Llobregat (Barcelona), ante a situación de inseguridade xurídica.

O presidente e fundador do Grupo Indukern, José Luís Díaz-Varela
O presidente e fundador do Grupo Indukern, José Luís Díaz-Varela | Fonte: Europa Press

A empresa comunicou o traslado xa este martes, ante a "posible declaración unilateral de independencia", e asegurou que sempre se definiu como unha empresa de Cataluña e de toda España, e por iso mesmo viuse "obrigada" a tomar esta decisión froito da actual inestabilidade xurídica.

Ademais, sinalou que o seu obxectivo é "preservar a actividade normal de todas as súas empresas e en beneficio dos seus clientes, empregados, provedores e accionistas".

O grupo, que este ano celebra o seu 55 aniversario, conta con filiais en 17 países, comercializa os seus produtos en máis de 80 e creou en 2016 un total de 60 empregos en España, conformando un persoal total de 1.696 profesionais.

Grupo Indukern, que está composto pola química Indukern, o laboratorio veterinario Calier e a farmacéutica Kern Pharma, rexistrou unhas ganancias antes de intereses, impostos, depreciacións e amortizacións de 56,6 millóns de euros en 2016, un 5,6% menos, e a facturación situouse en 725 millóns, un 4% menos en comparación cos 755 millóns do exercicio anterior.

O FUNDADOR

José Luís Díaz-Varela, fundador e presidente do grupo, naceu en Monforte de Lemos (Lugo) en 1937, onde viviu durante os seus primeiros anos de vida ata trasladarse á Coruña para cursar os seus estudos.

Na década dos cincuenta, con 18 anos, emigrou coa súa familia a Venezuela, onde traballou en distintas empresas antes de incorporarse a Industrial Kern S.A., propiedade do empresario austriaco Heinz Kern, de quen chegou a ser man dereita.

En 1962, José Luís Díaz-Varela decidiu volver a España para emprender o seu propio negocio. Escolleu Barcelona por ser unha cidade portuaria con gran implantación da industria química, farmacéutica e veterinaria para fundar Industrial Kern Española S.A., hoxe Indukern.

Heinz Kern converteuse no seu socio achegando a maior parte do capital inicial. En 1976, José Luís adquiriu a sociedade aínda que conservou o nome en agradecemento a Heinz Kern.

Díaz-Varela creou a empresa veterinaria Calier en 1968 e a farmacéutica Kern Pharma en 1999. Hoxe, o Grupo Indukern, que axunta a Kern Pharma, Calier e Indukern, está en mans, respectivamente, dos seus fillos Raúl (1968), Tamara (1971) e Daniel (1973), a segunda xeración Díaz-Varela, xa nacidos en Cataluña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Eu mesmo

Pois vaia cosmopaleto. A súa sería que trasladade a produción a Lugo. O do domicilio social non imprica efecto algún, pois o imposto de sociedades as únicas comunidades que o recadan son Euskadi e Navarra, que xogan en champions!.