Cambio de caras, non de política

José Luis Rodríguez Zapatero fixo a súa terceira remodelación de goberno en tres anos. Pero non acometeu o cambio que se necesitaba e que non é outro que modificar a súa política, sobre todo económica.

Por X.M. Barreiro | Lugo | 03/11/2010

Comparte esta noticia

O urxente, non era o troco de caras, senón cambios estructurais, acabar coas constantes improvisacións, a desconfianza, o paro, a débeda e non seguir adentrándose na seda dos recortes sociais.

Todo apunta a que os novos ministros desenvolverán unha acción continuista, aínda que poñendo énfase na laboura comunicativa/explicativa, que vén a ser, máis autobombo e propaganda, dado o desplome que está a experimentar Zapatero nas enquisas e por aquilo de que principiou xa a conta atrás para a celebración de importantes citas electorais, autonómicas e mesmo tamén as municipais.

O certo é que os novos ministros “mediáticos” non contribuiron, de momento, a mellorar a imaxe do goberno, a situación interna e menos aínda a valoración exterior do noso país. De feito, España é o terceiro país da eurozona con peor situación económica pola taxa de desemprego, productividade e eficiencia. Explícase así que seis de cada dez familias cheguen a fin de mes con grandes dificultades (ou simplemente non cheguen).

En fin, máis do mesmo, máis de nada.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA