Os primeiros pementos de Padrón precociñados do mercado

A empresa Galifresh, que naceu dunha rede de froiterías e hoxe vende os seus preparados frescos en España, Suecia, Francia ou Portugal, traballa agora no que pode ser un produto revelación: os primeiros pementos de Padrón que se poderán comprar en calquera época do ano.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 13/10/2017 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

Un soño feito realidade: pementos de Padrón todo o ano. Ao amparo de Agrobiotech, o programa de aceleración da Axencia Galega de Innovación (Gain), en colaboración co Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole), para o crecemento sustentable de pemes innovadoras galegas nos sectores da biotecnoloxía, a agroalimentación e o forestal. Galifresh prepara os primeiros pementos de Padrón precociñados do mercado.

Os primeiros pementos de Padrón precociñados do mercado
Os primeiros pementos de Padrón precociñados do mercado | Fonte: www.ganadores.gal.

“O reto é conservar o sabor e que estea no seu punto no momento do consumo”, detalla Ocampo. O produto, para microondas, alivia ademais “esa cocción, chamémoslle incómoda, polas salpicaduras de aceite”, lembra o biólogo, “polo que o seu consumo será fácil e sen perder calidades organolépticas”. Todas esas propiedades (aroma, brillo ou textura) que fan do pemento o rei da gastronomía galega en verán.

“O consumidor actual busca alimentarse con produtos naturais e saudables, sen conservantes, colorantes nin azucres engadidos e baixos en sal. Se a isto lle unimos as recomendacións da Organización Mundial da Saúde sobre o consumo de froitas e verduras, a falta de tempo e o crecemento dos fogares unipersoais, explica por que os nosos produtos son tan ben aceptados”, afirma Eusebio Méndez de León, xerente de Galifresh, marca pioneira en Galicia en combinar a comida sa e os alimentos preparados.

Á espera da posta a punto dunha nova instalación da compañía para implantar a produción cos requisitos de seguridade necesarios, a previsión é que os primeiros pementos precociñados saian á rúa coincidindo coa campaña do pemento de Padrón do próximo ano.

CENTRO ESPECIAL DE EMPREGO

O salto dun novo produto á elaboración a gran escala é, para Eusebio Méndez de León, “o máis difícil” nunha empresa como Galifresh, con toda a actividade e a maioría dos ingredientes en Galicia. “Non debemos esquecer que somos un centro especial de emprego e implica moitas cuestións organizativas e de seguridade”, asegura.

Os comezos do grupo estiveron ligados a Cogami. O 80% do persoal ten diversidade funcional. “Moitas persoas só necesitan oportunidades para amosar as súas capacidades. Tentamos crecer para darllas. É a nosa filosofía e estamos moi satisfeitos co persoal”, apunta o xerente.

O grupo, con sede en Vigo, naceu dunha rede de froiterías, Frutas Nieves, e da necesidade dun dos seus clientes nas denominadas cuarta gama (alimentos frescos, limpos e envasados para o seu consumo inmediato) e quinta gama(cociñados e refrixerados). Así saíron ao mercado os seus purés de mazá.

O éxito que tiveron propiciou a ampliación continua da oferta. Suma xa 300 referencias de froita cortada en anacos e purés en formatos individuais, en lotes ou para vending (máquinas expendedoras), ademais de cremas e sopas de verduras, hortalizas e legumes. Ao catálogo engadiranse en breve novos sabores de cremas, hummus e untables vexetais.

Situarse nas canles de distribución “foi custoso”, segundo Méndez de León, que considera fundamental a aposta de Galifresh por materias primas de “primeirísima calidade”. Iso abriulles as portas a novas vías de comercialización. Presente xa en todas as grandes cadeas españolas e varias rexionais, a empresa soubo aproveitar a idoneidade dos seus formatos para a merenda dos nenos ou o menú de xente maior e ampliou as súas vendas a servizos de catering e hospitais galegos.

Nos últimos dous anos, a facturación duplicouse e alcanza os 1,5 millóns de euros. Galifresh exporta a Suecia, Francia e Portugal, prepárase para desembarcar en Centroeuropa e Latinoamérica e acaba de dar os seus primeiros pasos en Asia. O mercado exterior representará a finais deste ano a metade da cifra de negocio. “Pensamos que a exportación é imprescindible para o futuro da compañía –explica o xerente–. O noso mercado natural, España, é pequeno, e compartímolo con outras importantes marcas”.

I+D NO PRATO

Galifresh reflicte á perfección como a innovación non é exclusiva do sector tecnolóxico ou da industria pesada. “Na alimentación é importantísima, non só para suplir carencias nutricionais de diferentes grupos de poboación. É un elemento máis para gozar da comida dunha forma fácil e saudable”, opina Antón Ocampo, biólogo da empresa. “Innovar no segmento dos vexetais e fomentar o seu consumo –continúa– é unha necesidade”.

Xunto a Ocampo, director da división de I+D, traballa un comité de apoio integrado por persoal multidisciplinardo resto de departamentos. Xerencia, calidade, marketing, vendas… Todos axudan ao desenvolvemento das ideas, di, para ser “unha peme flexible e áxil”, capaz de atender as necesidades dos clientes.

A COCCIÓN FÁCIL

Dese labor común chega o proxecto dos prefritos, ao amparo de Agrobiotech, o programa de aceleración da Axencia Galega de Innovación (Gain), en colaboración co Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole), para o crecemento sustentable de pemes innovadoras galegas nos sectores da biotecnoloxía, a agroalimentación e o forestal. Galifresh prepara os primeiros pementos de Padrón precociñados do mercado.

“O reto é conservar o sabor e que estea no seu punto no momento do consumo”, detalla Ocampo. O produto, para microondas, alivia ademais “esa cocción, chamémoslle incómoda, polas salpicaduras de aceite”, lembra o biólogo, “polo que o seu consumo será fácil e sen perder calidades organolépticas”. Todas esas propiedades (aroma, brillo ou textura) que fan do pemento o rei da gastronomía galega en verán, informa a  Axencia Galega de Innovación no blog Con G de ganadores.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Alberto Moreno

Los pimientos de Padrón son una exquisitez, gran iniciativa por parte de esta empresa, que pueda comercializar estos pimientos durante todo el año. Aquí donde vivo, en Canarias, es un producto que escasea muchas veces, pero muy demandado. También he descubierto aquí una excelente salsa típica, llamada mojo picón, la cual también lleva pimiento entre sus ingredientes https://www.vivalanzarote.es/mojo-picon-canario-receta-original/ . Recomiendo a todo el mundo probarla alguna vez en la vida, aquí se acompaña con "papas arrugadas" (patatas cocidas). Espero que esos pimientos del padrón lleguen pronto a esta isla. Saludos.