Cerna desvincúlase da moción de censura en Fene

Asegura que os dous concelleiros de Somos Fene non pertencen a este colectivo nacionalista, tras as críticas de cargos do BNG e da Marea Atlántica.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 14/10/2017 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Cerna, o colectivo nacionalista que se escindiu de Anova e que forma parte de En Marea, desvinculouse da moción de censura en Fene, tras o pacto acadado entre Somos Fene e o PP para sacar da alcaldía ao BNG e Esquerda Unida.

A cúpula de Cerna, con Consuelo Martínez e Luis Eyré, entre outros
A cúpula de Cerna, con Consuelo Martínez e Luis Eyré, entre outros | Fonte: EP

“Ante certas informacións erróneas con motivo dunha moción de censurano Concello de Fene, fai saber á opinión pública que na candidatura de "Somos Fene" non hai ningunha persoa afiliada ao noso partido”, apunta este grupo nun comunicado tras as críticas que lle choveron desde distintos ámbitos.

Así, o concelleiro da Marea Atlántica Alberto Lema cargou contra Cerna e o responsabilizou da decisión de Somos Fene. “A xente de Cerna facendo o que sabe facer, forza aos compañeiros do BNG”, escribiu nas súas redes sociais. Tamén cargos do BNG sinalaron directamente a esta formación nacionalista.

En Marea xa publicou o mércores, en canto se confirmou a presentación da moción de censura,  un comunicado no que “rexeita categoricamente a moción de censura presentada por Somos Fene co apoio do Partido Popular no Concello de Fene e que segue a liña de tráfico político coa que o PP está operando en concellos como Sanxenxo, Tui ou o propio Fene”.

Con todo, e a pesar de criticar esa moción públicamente e de deixar claro que os dous concelleiros non teñen nada que ver coas mareas, este venres Bieito Lobeira, membro da Executiva Nacional do BNG, insistía en vincular o acontecido con En Marea. Así, pedía explícitamente ao seu líder, Luís Villares, que tome medidas contra os dous edís de Somos Fene, “máis alá de aspectos declarativos”. O BNG goberna en Fene co apoio de Esquerda Unida, outro partido que forma parte de En Marea, e que tamén desmentíu que a formación que lidera Villares estea detrás desta moción de censura.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

3 Antolín o dos cubatas

Mönica Fernández, a que aparece á dereita da foto, forma parte de Cerna e tamén de Somos Fene

2 Lozano & Lores SLU

Nada que aumentar: do BNG pasaron ao Partido Podre en outros lugares como Porqueira, Rairiz de Veiga, Tui, A Cañiza, Portomarín... Mesmo houbo un alcalde da UPG apoiado por Alianza Podre nas terras de Lemos... E falando de Monforte, no da avenida dedicada polo destro, clientelar e tradicionalista concello do BNG ao fascista Fraga, debatido no Consello Comarcal, os de Cerna --coa hoxe deputada Paula Vázquez Verao, na foto-- defenderon sen miramentos honrar ao ministro franquista coas mans manchadas de sangue. Así que, de Cerna, nada que aguardar!

1 Lediciafenesa

Que si que si. Excusatio non petita....Mal de muchos...

1 xentedocomún

Na imaxe da cúpula de Cerna a primeira pola dereita é Mónica Fernández, quen foi parlamentaria galega por Cerna na última lexislatura. A mesma Mónica Fernández que aparece na fotografía da presentación da candidatura de Somos Fene. Das que están sentadas é a segunda pola dereita http://www.diariodeferrol.com/artic.... A mesma que aparece xunto ao concelleiro de Somos Fene falando desta candidatura http://www.radiofusion.eu/manager.p...