Caballero pide que a reforma constitucional sirva para impulsar a "unión"

O alcalde de Vigo defende a posición do seu partido ante o "desafío soberanista catalán".

Por E.P. | VIGO | 13/10/2017 | Actualizada ás 18:04

Comparte esta noticia

O alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), o socialista Abel Caballero, cualificou este venres como "moi acertada" a posición do seu partido ante o desafío soberanista catalán, de apoiar o requirimento de Rajoy a Puigdemont sobre a declaración de independencia e de abrir a porta á reforma da Constitución. Así, pediu que esa reforma sirva para "impulsar o proceso de unión en España" e para "reforzar o papel dos concellos".

Abel Caballero
Abel Caballero | Fonte: Europa Press

Nunha rolda de prensa, Caballero subliñou que a reforma da Carta Magna é "un paso substancial" e, "ademais de atender á estrutura territorial e ás modificacións que se consideren oportunas", debe facer un "reforzo do papel dos concellos e as corporacións locais". "Queremos estar na Constitución, e que a Constitución faga un tratamento en profundidade do local", proclamou.

Con respecto á posición do seu partido, o rexedor destacou que se dá un "paso adiante moi importante" ao abrir a porta "para que o goberno de Cataluña regrese a legalidade", e ao ofrecerse "diálogo dentro da legalidade, nas institucións constitucionais e dentro do ámbito da Constitución".

"Hai momentos nos que se require vocación de axuntar esforzos, de marchar xuntos e este é un deles. A actitude do PSOE apoiando a posición do goberno sobre o artigo 155 e abrindo, por iniciativa do PSOE, a reforma de cola Constitución, como reforzamento da cohesión en España, son dous factores da maior importancia. E repito, a FEMP quere que os concellos estean presentes nesa reforma", sentenciou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Endomango

Si, home sí. E que o meu embigo teña máis contorna para mirarme mellor nél.