Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 16/10/2017 | Actualizada ás 01:39
En plena vaga de incendios, con Galicia asolada polo lume, dous mortos e miles de galegos nas rúas tentando apagar os fogos cos seus propios recursos, Pablo Echenique (número dous de Podemos) aproveitou os acontecementos para politizar a traxedia e levala ao seu terreo.
Aproveitando unha nova de Europa Press que daba conta das declaracións de Feijóo nas que sinalaba aos "incendiarios, as condicións climatolóxicas e os fogos que entran de Portugal" como principais causas da vaga de lumes no país, o secretario de organización de Podemos publicou unha mensaxe partidista para sacar rédito e tocou a manida vinculación que se fai desta formación política co Goberno de Venezuela. "¿Cómo explico que no tenemos nada que ver [cos incendios]? ¿Pirómanos de Venezuela? Mmm, demasiado. Dejémoslo en Portugal", dixo nun chío que de inmediato acendeu os ánimos de centos de usuarios de Twitter que arremeteron contra Echenique por este chío. Malia todo, non o retirou.
Estas son algunhas das centos de respostas que recibiu recriminándolle a súa actitude:
- ¿Cómo explico que no tenemos nada que ver?
— Pablo Echenique (@pnique) 15 outubro 2017
+ ¿Pirómanos de Venezuela?
- Mmm, demasiado. Dejémoslo en Portugal.https://t.co/PPz3XdWSGk
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.