Feijóo bótalle a culpa dos lumes a Portugal, á seca e aos incendiarios

"Estamos a loitar contra os incendiarios, as condicións climatolóxicas e os lumes que entran de Portugal", asegura o presidente galego.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 15/10/2017 | Actualizada ás 20:25

Comparte esta noticia

Portugal ten parte da culpa dos lumes que afectan a Galicia. Iso foi o que veu a dicir o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que explicou este domingo pola tarde, que a vaga de incendios que arrasa Galicia débese aos incendiarios, ás condicións climatolóxicas adversas e aos lumes que entran a Galicia desde Portugal.

El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, en rueda de prensa
El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, en rueda de prensa

Trátase da "actividade incendiaria homicida"; dos efectos climatolóxicos "máis adversos posibles", cunha seca "continuada" e ventos "cada vez máis intensos"; e dos lumes que chegan a Galicia desde Portugal, que conseguiron traspasar o río Miño. Con todo, a maior parte dos grandes incendios foron provocados, moi posiblemente por terroristas inendiarios, pero en territorio galego, especialmente, todos os da área metropolitana de Vigo.

O máximo mandatario do Goberno galego estivo seguindo no centro de coordinación central de Santiago a evolución dos incendios. Neste sentido, Feijóo --quen estivo acompañado polo delegado do Goberno en Galicia, polo tenente coronel da Unidade Militar de Emerxencias e polo director xeral de Ordenación Forestal-- sinalou que se están atacando tres grandes riscos.

"Están a xogar con vidas", avisou o presidente da Xunta en relación aos incendiarios, para logo admitir que, aínda que se está traballando sen tregua, a situación é "preocupante". Así mesmo, pediulle aos cidadáns que estean atentos dos avisos e que se teñen algunha dúbida vaian a lugares seguros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 galegoexiliado

Que malos son os portujeses. nos mandámoslle empresas e eles mándannos lumes. Que non Nuñes que non, que a culpa é do eucalipto e dos catalans de Venezuela, mais algún que está no centro de emerxencias en vez de coller a mangueira como en outros tempos. E Suarez Canal sin dimitir... que país, xa non nos quere nin Portujal. Mais non te preocupes, voltarán a darche maioría absoluta.