Temas: INCENDIOS LUMES

Galicia e Portugal, os puntos máis quentes en Europa pola onda de incendios

O Sistema europeo de información sobre incendios forestais mostra unha alta densidade de lumes no occidente peninsular, moito maior que en calquera outra parte do continente europeo.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 16/10/2017 | Actualizada ás 08:30

Comparte esta noticia

A situación dos incendios forestais en Europa é vixiada constantemente polo Sistema europeo de información sobre incendios forestais (EFFIS), establecido polo Centro Común de Investigación (CCI) e a Dirección Xeral de Medio Ambiente (DG ENV) da Comisión Europea. O EFFIS proporciona información fiable e actualizada acerca dos incendios nas zonas de bosque europeas en apoio aos servizos de extinción de incendios forestais dos Estados membros, ao Centro de Control e Información (MIC) da Comisión Europea, con sede en Bruxelas, e a outras organizacións neste ámbito.

Incendios localizados polo Sistema europeo de información sobre incendios forestais (EFFIS) na fin de semana do 14 e 15 de outubro de 2017.
Incendios localizados polo Sistema europeo de información sobre incendios forestais (EFFIS) na fin de semana do 14 e 15 de outubro de 2017.

Os últimos lumes mapeados mostran como Galicia, principalmente o sur, e Portugal concentraron os maiores focos en toda Europa, cunha grande densidade nesta fin de semana (os puntos en vermello sinalan os lumes do domingo e os laranxas, os activos o sábado). Tamén se observa un importante número de lumes en Asturias.

Incendios localizados en Galicia e norte de Portugal polo Sistema europeo de información sobre incendios forestais (EFFIS), na fin de semana do 14 e 15 de outubro de 2017.
Incendios localizados en Galicia e norte de Portugal polo Sistema europeo de información sobre incendios forestais (EFFIS), na fin de semana do 14 e 15 de outubro de 2017.
Temas: INCENDIOS LUMES
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta