Temas: LUMES INCENDIOS

Galicia berrará este luns “Lume Nunca Máis!”

O Comité de Defensa do Monte Galego convoca “concentracións urxentes” ante a vaga de lumes que está a arrasar o país. Polo de agora hai protestas previstas en dezaseis localidades distintas. Piden a dimisión do presidente. Horarios no interior.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 16/10/2017 | Actualizada ás 08:29

Comparte esta noticia

Os lemas escollidos son “Lume Nunca Máis”, en recordo ás protestas polo Prestige, e “O noso monte importa”.Todas as concentracións comezarán ás 20 horas:

Unha protesta do Comité en Defensa do Monte Galego en Ourense
Unha protesta do Comité en Defensa do Monte Galego en Ourense
  • Ourense - Casa de Chocolate
  • Vigo - Diante do Marco
  • A Coruña - Obelisco
  • Compostela - Praza do Toural
  • Lugo - Edificio Multiusos da Xunta
  • Pontevedra - Praza da Peregrina
  • Ferrol - Praza de Amada García
  • Cangas - Praza do Concello
  • Monforte - Praza de España
  • Ribeira - Praza do Concello
  • Cambados - Praza do Concello
  • Lalín - Praza de Lóriga
  • As Pontes - Diante do Concello
  • O Carballiño - Praza Maior
  • O Barco - Diante do Concello 19h
  • Madrid - Porta do Sol

O colectivo rexeita a explicación da Xunta de que o monte arde debido a condicións climatolóxicas e a acción dos incendiarios. Na súa opinión “o lume no noso país pódese evitar porque outra política forestal é posible”. De feito, o Comité é unha plataforma que reclama tanto un cambio na loita contra o lume como na política agro-forestal.

“Consideramos inadmisible a resposta loxística e de comunicación que está a dar a Xunta de Galicia e solicitamos a dimisión urxente do presidente Feijoo”, conclúen. 

Temas: LUMES INCENDIOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Braisiño

Demasiado pronto. Era mellor esperar e preparar unha gran manifestación ben organizada de toda Galicia.

1 Marina

Nunca é demasiado pronto con lumes como os de esta noite. Outros dias tamén , nada é excluinte