Duras críticas á Xunta por pagar a xornais por publicar a declaración de Feijóo sobre os lumes

Diarios impresos de Galicia e Madrid reciben cartos públicos do Goberno galego por inserir como publicidade, a toda páxina, a declaración institucional do presidente tralos incendios que asolan o país.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 17/10/2017 | Actualizada ás 14:04

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia e a vella prensa volven exhibir as súas alianzas no plano propagandístico e económico. Desta vez, o Goberno galego e varios xornais tentan sacar rédito da traxedia que asola Galicia pola vaga de incendios; a Xunta, tallada política e os medios que coida especialmente o Executivo de Feijóo con grandes subvencións e campañas publicitarias, tallada económica.

A Xunta pagou a varios xornais por publicidade a toda páxina coa declaración institucional de Feijóo sobre os incendios.
A Xunta pagou a varios xornais por publicidade a toda páxina coa declaración institucional de Feijóo sobre os incendios.

Inserido en páxinas completas de publicidade (a Xunta négase polo momento a revelar o custo), a declaración institucional de Alberto Núñez Feijóo tras os incendios destes días aparece en varios xornais impresos editados en Galicia, pero tamén en Madrid, e en galego nalgúns e en castelán noutros. O texto incide na tese do "terrorismo incendiario" e expresa o apoio ás vítimas e os equipos de extinción de lumes.

Esta descarada campaña para beneficiarse mutuamente —Xunta e prensa tradicional— suscitou xa unha avalancha de críticas en redes sociais, onde son moitas as persoas que expresan a súa indignación ante esta operación propagandística e o beneficio económico que reciben determinados xornais por cartos públicos a conta dunha traxedia da magnitude que está a vivir Galicia estes días.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 TOXO QUEIMADO

2 Eu non son español

Pois se miras a telegaita- feijo: todo perfecto!!! Vergoña de semellante manipulación do medios públicos. Mexan por nos!!!

1 roxe

isto é patético....isto é o colmo dos colmos... isto é rirse e mexar por tódolos galegos...non poden ter máis falta de vergoña ...isto é un insulto...isto é....o... pp